martes, 4 de noviembre de 2014

PROGRAMA SOCIAL



PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"

     A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soasnestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

   En total ofértanse 240 prazas. A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar.

     As solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable, formularanse nos modelos deseñados ao efecto e poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

     Aquí podedes atopar toda a documentación necesaria:




No hay comentarios:

Publicar un comentario