LECTURA E BOA COMPAÑÍA
A nosa entidade quere difundir unha nova iniciativa do Concello de Vigo que vai poñer en funcionamento esta tempada a través da Oficina Municipal de Voluntariado, na que xa hai inscritos 2.200 veciños como voluntarios: trátase de levar a lectura ao fogar de persoas que por calquera circunstancia sofran unha discapacidade temporal ou permanente que lles impida ou dificulte o ler ou saír de casa e acudir á biblioteca.
Se ben hoxe en día cóntase con audiolibros ou programas de ordenador que pasan textos a audio, esta iniciativa ofrece algo que a tecnoloxía non pode substituír: o contacto humano, o calor e o apoio que se dan as persoas cando falan unhas coas outras e comparten momentos de necesidade ou dor física ou emocional.
Sen dúbida, unha loable actividade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario