viernes, 26 de septiembre de 2014

FOTO ACTIVIDADE


FOTO DE FAMILIA

ENCONTRO INTERXERACIONAL 2014 - CONCELLO DE NARÓN

     Adxuntamos a foto de familia que fíxose con representantes das diversas asociacións que participaron no Encontro Interxeracional deste ano que tivo lugar na Feira do Trece o pasado 28 de xuño, xuntanza organizada polo Concello de Narón.



CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA"


CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA" - CHARLA

     Adxuntamos as fotos da charla que, con motivo de dar a coñecer a campaña de recollida de tapóns solidarios "Alba, la Promesa" e concienciar a xente da necesidade desta actividade solidaria, deron a nosa presidenta Montserrat Fraga e o seu fillo Brais en San Saturnino, ao remate da aldea de verán.





jueves, 25 de septiembre de 2014

NOVO MEDICAMENTO



SAÚDE


CORANTES ALIMENTARIOS PREXUDICIAIS PARA A SAÚDE

     Dende a asociación queremos dar a coñecer a lista de corantes alimentarios prexudiciais para a saúde que podemos atopar en moitos alimentos ou preparados alimenticios do noso carro da compra:

- posibles efectos secundarios de hiperactividade e défcit de atención en nenos: E102, E104, E110, E122, E123, E124, E127, E128, E129, E131, E132, E142, E151, E154, E155 e E180.

- peligrosidade en nenos se se mestura con analxésicos: E120.

- aumento da fotosensibilidade: E127.

- se se consumen en grandes dosis: acumulación de partículas de cristal na retina e danos no fígado (E161g), eczemas, urticaria, aumento dos síntomas do asma e alerxia e insominio (E102, E104, E110, E122, E123, E124, E128, E129, E131, E132 e E142), náuseas e hipertensión (E132).

- a longo prazo poden ser canceríxenos (E102, E110, E120, E122, E124, E127, E128, E129, E131, E132, E142), causar mutacións xenéticas (E122, E132, E155) ou levar á anemia (E122).

     Polo tanto, moito coidado co consumo destes aditivos e intentade evitalos no máximo, pois, o primeiro e máis importante é a saúde.





lunes, 22 de septiembre de 2014

ACTIVIDADES MUNICIPAIS


ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS - CURSO 2014/2015

PADROADO DA CULTURA - CONCELLO DE NARÓN



ACTIVIDADES PROPOSTAS


INICIO ACTIVIDADES EN DIVERFFEC

     Dende DIVERFFEC (Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas) fannos saber que as súas actividades van dar comezo o vindeiro mes de outubro, a excepción de Competencias Clave e Graduado en ESO que xa iniciou as clases o día 15 de setembro (aínda quedan prazas!).

     Outras actividades serán: informática, teatro e comunicación, conversación en inglés e francés, orientación laboral, autoestima, xestión do fogar e escola de aprender a comer.

     Tamén haberá o primeiro mércores de mes no seu local unha xornada de café da que poderedes gozar en boa compañía.

     Para máis información, chamade ao teléfono 981.930.544 de 8.30 a 14.30h ou de 16 a 20h (os martes, mércores e xoves).





ARTIGO DE INTERESE


DISCRIMINACIÓN NO PAZO DE MEIRÁS

     A Nosa entidade dá difusión ao artigo publicado no día de onte no Faro de Vigo onde relátase o lamentable feito acontecido hai pouco cunha persoa usuaria de cadeira de rodas a quen se lle negou a entrada ao pazo de Meirás nunha visita, alegando que "podería estropear o chan dos salóns coa súa cadeira". O visitante tan só puido acceder ao xardín e á capela.

   Unha vez máis atopamos mostras de discriminación na nosa sociedade e preguntámonos: onde está a inclusión e a igualdade de dereitos?



ARTIGO DE INTERESE


SAÚDE INFANTIL - AUMENTO DOS CASOS DE VARICELA

    Dende a asociaciación facémonos eco do artigo publicado o pasado xoves, 18 de setembro, no xornal "La Opinión" de A Coruña onde establécese, nada máis nin nada menos, que nun 80% o incremento nos casos de varicela en Galicia con respecto ao mesmo periodo de 2013.

    Lémbrase que dende hai case un ano xa non se pode adquirir nas farmacias a vacina contra esta enfermidade logo de que a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), pertencente ao Ministerio de Sanidad, ordenara a súa retirada.



jueves, 18 de septiembre de 2014

ACTIVIDADES PROPOSTAS


"BULE CON ALCER"

     Hoxe presentouse no concello de Narón "Bule con Alcer", programa de exercicio físico e psicosocial organizado pola Asociación Alcer (Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril) para enfermos crónicos e familiares (de 18 anos en adiante).

      Estas actividades son de balde e realizaranse os martes e xoves pola mañá no Local da Asociación de Veciños de Xuvia "Altea". As inscricións hai que facelas na OMIX de Narón.

       Para máis información podedes chamar ao teléfono 981.298.759.




SOLIDARIEDADE



ACTIVIDADES PROPOSTAS





ACTIVIDADES PROPOSTAS





miércoles, 17 de septiembre de 2014

BOLSAS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS


BOLSAS DE ESTUDO PARA ACCIONISTAS DO BCO. SANTANDER

     A Fundación UNIVERSIA convoca o VI Programa de Bolsas Fundación UNIVERSIA CAPACITAS para estudantes universitarios que acrediten legalmente unha discapacidade e que sexan accionistas ou ben familiares (ata segundo grao) de accionistas do Bco. Santander, para o curso 2014-2015.

    As solicitudes poden presentarse ata o día 15 de outubro por correo ordinario ou por e-mail.

    A contía da bolsa é dun máximo de 5000 € brutos por alumno/a (incluíndo axudas persoais e técnicas) e é compatible con outras axudas ou préstamos públicos ou privados.

     Tedes toda a información e documentación necesaria no seguinte link:







martes, 16 de septiembre de 2014

EXPOSICIÓN-CHARLA INFORMATIVA


EXPOSICIÓN E INFORMACIÓN SOBRE VEHÍCULOS ADAPTADOS

     Infórmannos dende COGAMI que, coa colaboración de Adaptamóvil, van celebrar unha Xornada Informativa sobre Novas Adaptacións para Vehículos de Persoas con Mobilidade Reducida o vindeiro día 4 de outubro, sábado, en Santiago de Compostela (no aparcadoiro de campo de fútbol de San Lázaro).

     O horario será de 11 a 20h e haberá unha exposición de vehículos adaptados e charlas informativas de asesoramento personalizado.

     Prégase que confirmedes a vosa asistencia en prensa@cogami.es ou tamén chamando ao teléfono 981.574.698 (Cristina Pet).






ACTIVIDADE DEPORTIVA


"ESFUERZA INVIERNO 2014-2015"

    A Fundación María José Jove oferta unha nova edición do seu programa ESFUERZA para promover a actividade física saudable nas persoas maiores de 8 anos con diversidade funcional igual ou superior ao 33%.

   Na convocatoria de inverno ofértanse catro modalidades deportivas (natación, firness, vela e piragüismo), totalmente gratuítas, co claro obxectivo de fomentar a autonomía persoal.

    O prazo de inscrición é a partir do 15 de setembro e permanecerá aberto mentres dure o programa, sempre e cando haxa prazas libres na actividade. As solicitudes realizaránse online a través do "Portal de Inscripciones" da páxina web da Fundación e a adxudicación das prazas seguirá a orde de inscrición.

     Deixámosvos o enlace para que poidades consultar toda a información: 





ACTIVIDADE PROPOSTA



jueves, 11 de septiembre de 2014

OFERTA LABORAL


OFERTA DE TRABALLO PARA PERSOA CON DISCAPACIDADE

     A Fundación ADECCO publica na súa páxina web unha oferta de traballo na cidade de A Coruña para persoa con discapacidade nunha empresa do sector retail (venda de produtos polo miúdo). O posto de traballo é de dependente/a e as funcións son atender en caixa e manter ordenada a tenda.

     Os requisitos que se piden son: estar en posesión do título de graduado en ESO, ter un ano ou máis de experiencia en posto similar e certificado de discapacidade do 33% ou superior.

     Ofrécese contrato de media xornada e de duración determinada.

    Se queredes optar a este posto de traballo, tedes que introducir os datos do voso CV na web de Fundación ADECCO e logo inscribiros na oferta. Deixámosvos o enlace:



lunes, 8 de septiembre de 2014

BOLSAS PARA ESTUDANTES


VIII CONVOCATORIA DE BOLSAS PREVENT
 PARA ESTUDANTES CON DISCAPACIDADE

    A Fundación PREVENT é unha entidade sen ánimo de lucro que promove e contribúe á inserción sociolaboral das persoas con discapacidade e ao fomento da cultura preventiva na empresa por medio dunha maior concienciación social.

     Poden solicitar a bolsa (cunha dotación económica de 1000€) os estudantes universitarios, residentes en España, cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% e que teñan a lo menos 120 ECTS aprobados ou vaian a iniciar ou estean a cursar un máster.

   O prazo de presentación do formulario de solicitude e da restante documentación é ata o 14 de outubro, debendo facerse exclusivamente por vía telemática a través da web da Fundación Prevent.

     Deixámosvos o enlace para que poidades consultar toda a información:



miércoles, 3 de septiembre de 2014

PUBLICACIÓN DE INTERESE



"DERECHOS HUMANOS Y DISCAPACIDAD"

INFORME ESPAÑA 2013

     O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) é unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito estatal que actúa na defensa dos dereitos e intereses das mulleres e homes con discapacidade e das súas familias.

    O CERMI asumiu as funcións de organismo independente para o seguemento da aplicación en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, elaborando un informe anual ao respecto. Preséntase agora o correspondente ao ano 2013:







ACTIVIDADE PROPOSTA


IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E DISCAPACIDADE 2014

ASOCIACIÓN ROOSEVELT

     A Asociación Roosevelt de Cuenca ten coma seña de identidade traballar en pro das persoas con discapacidade física para conseguir a súa integración social e a súa normalización.

     Nun novo intento de facer visible este colectivo á sociedade, Roosevelt convoca a IX edición do seu concurso de fotografía. Nel poderá participar calquera persoa física ou xurídica que, antes do 21 de novembro, remita á sede da entidade un máximo de tres fotografías que reflictan realidades da vida diaria das persoas con discapacidade (no traballo, educación, deporte, ocio...).

     Deixámosvos o enlace onde podedes atopar toda a información:







martes, 2 de septiembre de 2014

ARTIGO DE INTERESE


GALICIA MANTÉN O BO RITMO DE TRANSPLANTES

     Dende a asociación, facémonos eco do artigo publicado hoxe no xornal "Faro de Vigo" no que se fala do bo momento que están a vivir España e Galicia no que se refire aos transplantes de diferentes órganos.

     Neste terreo, España é líder mundial (o que é unha boa mostra da gran concienciación cidadá que hai con este tema) mentres que en Galicia, no que vai de ano, xa se fixeron 190 destas operacións.



CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA"


FOTOS CARGA QUINTO TRÁILER

   Como todos e todas vós sabedes, no día de onte, familiares de Alba e voluntarios/as que fixeron esta actividade de forma totalmente altruísta, conseguiron encher con máis de 8 toneladas de tapóns o quinto tráiler con destino á planta xestora de residuos de Porriño, coa finalidade de continuar a recadar fondos para o tratamento de Alba, tratamento que está a acadar moi bos resultados e que mellora sen dúbida a súa calidade de vida.

     A familia, e nós mesmos, queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta cadea humana e tamén ás que cada día gardan os tapóns para colaborar nesta campaña coa súa solidariedade.

   Tamén queríamos facer un chamamento para que, os que queirades e teñades tempo, participedes na escollida e selección dos tapóns. Podedes pedir información sobre esta actividade no número de teléfono da asociación 981.946319.

     E... Seguide xuntando tapóns!