viernes, 30 de noviembre de 2012

LECER: FERROLTERRA 12

del 1 al 12 de diciembre
FERROLTERRA 12
-DOCE DÍAS POR LA INTEGRACIÓN-

Comprácenos informarvos desta nova iniciativa de AECOFE (Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrol), que se solidariza con gran parte das entidades e asociacións da bisbarra creando a iniciativa "FERROLTERA DOCE: DOCE DÍAS POLA INTEGRACIÓN", onde se podera gozar das seguintes actividades:

BINGO SOLIDARIO
SHOWROOM NUPCIAL
EXHIBICIÓN DE BAILES E PATINAXE
MARCHA CICLISTA
DESFILE DE NOVOS DESEÑADORES
MOVILTECA ESPECTÁCULO DE MAXIA E TEATRO
GINKANA DO COMERCIO
FÚTBOL SOLIDARIO
CHOCOLATADA
SHOWROON WINTER-FALL
REGATA DE REMO
NETWORKING FINANCEIRO
SEMINARIO DE COACHING
CATA DE VIÑOS
TEATRO: 12 MULLERES SEN VERGOÑA



Deixámosvos aquí a programación detallada para estos 12 días adicados a loitar pola integración da mellor forma posible, ¡¡¡ DISFRUTANDO DO VOSO TEMPO LIBRE!!! :


Respiro Familiar (Obradoiro de Pintura)




OBRADOIRO DE PINTURA DECEMBRO




Bos días amigos.
Informarvos de que a Xornada de Respiro Familiar (Obradoiro de Pintura) deste sábado, queda posposta para o sábado día 15, posto que aproveitaremos as datas máis próximas ao nadal para realizar un Obradoiro máis extenso e especial para os vosos nenos. 



¡¡¡¡¡IRÉMOSVOS INFORMANDO!!!!!

martes, 20 de noviembre de 2012

Novas: Sistemas de retención infantil DGT


SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL 

PARA NENOS CON DISCAPACIDADE (DGT)


Seminario sobre "Sistemas de retención infantil para nenos con discapacidade" organizado por El Instituto de Acción Social e o Instituto de Seguridade Vial de FUNDACIÓN MAPFRE.

A seguridade dos nenos nos automóbiles faise imprescindible, independentemente da súa condición física ou psíquica, xa que todo o mundo ten dereito a desprazarse nos vehículos coa maior seguridade posible. Este é o obxectivo desta xornada, dar a coñecer a situación actual a nivel internacional dos desprazamentos nos automóbiles dos nenos con algunha discapacidade.

O seminario tivo lugar no Auditorio de FUNDACIÓN MAPFRE (Paseo de Recoletos, 23 - Madrid) este pasado més de Xulio, pero podedes seguir a emisión da xornada a través de:www.fundacionmapfre.com, posto que os relatorios quedan aloxados na devandita web.



Esperamos que sexa un tema do voso interese.

Unha aperta amigos.


Día internacional do neno

20 DE NOVEMBRO:
DÍA INTERNACIONAL DO NENO

20 de NovembroDía Internacional dos Dereitos do Neno, é unha das celebracións máis importantes para os máis pequenos, xa que neste día se conmemora o conxunto de dereitos da infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido onde queira que nacese. ¡E é máis! un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos. Todos debemos de ter un compromiso persoal cara á infancia, para que pouco a pouco poidamos asegurar aos pequenos un futuro mellor e unha vida digna para eles en calquera parte do mundo.

Dende AS.PA.NE.MI. esa é a nosa loita, crear para os nosos nenos un mundo que os integre, potencie e dignifique, e principalmente, que os deixe ser nenos.


«Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade,».

- Nós, os nenos: exame de final de decenio dos
resultados do Cumio Mundial en favor da Infancia
Informe do Secretario Xeral
http://www.un.org/es/comun/docs/?symbol=A/S-27/3



viernes, 16 de noviembre de 2012

Obradoiro Pintura Novembro 2012


OBRADOIRO DE PINTURA NOVEMBRO 2012

Boas tardes amigos,

Recordámosvos que mañá sábado ás 17:30 da tarde realizaremos o primeiro OBRADOIRO DE PINTURA deste novo curso.

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Será unha grande tarde para eles.

                          ¡¡¡ANIMARVOS!!!

  

martes, 6 de noviembre de 2012

AS.PA.NE.MI. xa ten FACEBOOK





¡AS.PA.NE.MI. xa ten Facebook!


Alí irémosvos informando de todas as nosas novidades, talleres e servizos, así como de toda noticia relevante no mundo dos nenos e mozos con discapacidade.


Podedes acceder á páxina da nosa asociación a través do seguinte link:



¡Seguirnos! ¡Encantaravos!