miércoles, 24 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

DÍA MUNDIAL DO LIBRO


Celebrouse onte día 23 abril de 2013 sendo o seu obxectivo o de fomentar a lectura, este día foi promulgado como Día Internacional dende o 1995 pola UNESCO. Elixiuse este día para que correspondese co falecemento dalgúns escritores como Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616, William Wordsworth en 1850 e Josep Pla en 1981.

En AS.PA.NE.MI.,queremos sumarnos a este día e vos recomendamos DISCALIBROS, un blog de libros nos que a diversidade funcional e a protagonista. 



E recomendamosvos os seguintes libros para adultos:


 - BAJO LA MISMA ESTRELLA:
  • AUTOR: John Green
  • TEMÁTICA: Ficción Moderna e Contemporánea.
  • COLECCIÓN: Nube de Tinta.
  • SINÓPSIS: Unha historia que explora como de exquisita, inesperada e tráxica pode ser a aventura de saberse vivo e amar a alguén cando se ten cancer.

- MEMORIAS DE UN AMIGO IMAGINARIO:
  • AUTOR: Matthew Dicks
  • TEMÁTICA: Ficción Moderna e Contemporánea.
  • COLECCIÓN: Nube de Tinta.
  • SINÓPSIS: Un intenso thriller psicolóxico sobre o amor, a morte, a lealtade e a amizade. Matthew Dicks, consegue introducirnos na pel dun neno con autismo sen nomealo en ningún momento.
E os seguintes para os máis pequenos da casa:

- LOS DESPISTES DEL ABUELO PEDRO:
  • AUTORA: Marta Zafrilla.
  • TEMÁTICA: Ficción infantil.
  • COLECCIÓN: Cuento de Luz
  • SINÓPSIS: Con sentido do humor a autora Marta Zafrilla aborda a enfermidade de Alzheimer e logra que a tenrura, o amor e a complicidade entre avós e netos sexa palpable.




¡¡¡FELIZ DÍA DO LIBRO AMIGOS DE AS.PA.NE.MI!


viernes, 19 de abril de 2013

Tapóns Solidarios: Campaña Alba a Promesa - Abril'13.

RECOLLIDA DE TAPÓNS PARA ALBA A PROMESA

Deixámosvos a nota de prensa do IES de Mugardos os cales colaboran activamente na Campaña de Alba a Promesa.


Dende AS.PA.NE.MI., recordámosvos que ainda queda moito por facer e vos pedímos que sigades recollendo tapóns. 

A máis diso queremos agradecer o alumnado do IES de Mugardos, así como a todos os colaboradores da campaña a súa solidaridade, que é a que conseguiu que a data de hoxe a nave de Amenadás onde se almacenan todos os tapóns dos colaboradores da  campaña luzca así de fermosa en tan só tres meses, dende o último envio a planta de reciclaxe.



¡SEN VOS NON SERÍA POSIBLE!


Máis información no Facebook de Alba a Promesa y en el Facebook de AS.PA.NE.MI., tamén podedes contactar con nós a través do correo-e: aspanemi@gmail.com e do noso teléfono: 981 946 319.


martes, 16 de abril de 2013

Proxecto Gavea 2013 (COGAMI)

PROXECTO GAVEA (VELA ADAPTADA)


COGAMI conta cun veleiro, o Laion, preparado para subir a bordo e navegar con persoas que vaian en cadeira de rodas. Todos os veráns dende 2002, ano no que a Audiencia Nacional lle incauta ao narcotráfico o veleiro e llo cede en garda e custodia a entidade membro de COGAMI Adisbismur, navegan no Laion tanto usuarios de COGAMI como de entidades afíns, como a nosa. 

Se es socio/usuario de AS.PA.NE.MI., e te interesa a actividade, ponte en contacto con nós, por vía telefónica 981 946 319, noso Facebook, blog, ou correo-e: aspanemi@gmail.com, ANTES DO 20 DE MAIO, data límite para as inscripcións.

ACTIVIDADE A REALIZAR A BORDO DO VELEIRO LAION:
  • Venres 5 de xullo: Actividade en Ferrol (Horario: de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.)

  • Sábado 6 de xullo: Actividade en Ferrol (Horario: de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.)


REGATA S.A.R. INFANTA ELENA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
  • Venres 30 de agosto: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
  • Sábado 31 de agosto: 1 saída pola mañá e 1saída pola tarde.
  • Domingo 1 de setembro: 1 saída pola mañá.
As persoas con dificultades de mobilidade, mobilidade reducida ou persoas que precisen de persoal de apoio teñen que contar co mesmo, dado que a bordo do Laion non hai persoal de apoio senón tripulación que se encarga de achegar á navegación ao grupo e gobernar o barco.

A tripulación será a encargada do embarque e desembarque dos participantes. O número máximo de participantes será dun total de 8 persoas por grupo, cun máximo de 2 persoas usuarias de cadeira de rodas.

ESCOLAS DE VELA LIXEIRA

Para persoas discapacitadas con movilidade, levaránse a cabo nos seguintes lugares:
  • Ribadeo
  • Ares
  • Camariñas
  • Vigo

Teñen unha duración de 4 horas, en horario de mañá ou de tarde, e están dirixidas a un grupo de 8 persoas con discapacidade.


Para máis información podedes visitar a páxina web de COGAMI ou escribir a lecer@cogami.es





lunes, 15 de abril de 2013

Campaña de Verán 2013 (XUNTA de Galicia)


CAMPAMENTOS DE VERÁN XUNTA 2013


Informámosvos de que esta vixente a convocatoira que regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa CAMPAÑA DE VERÁN 2013.

Recordade que a través desta convocatoria realízanse a inscripción de aqueles xoves cunha discapacidade inferior o 33 %. Para aqueles outros cunha discapacidade igual ou superior o 33 % deberán participar, según a Xunta,  neste programa a través da convocatoria que realiza a Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, polo que non poderán presentar solicitudes de participación no sorteo da campaña de verán, irémosvos informándo en canto teñamos máis información do tema.

Polo de agora deixámos os páis interesados nestes campamentos a convocatoira deste ano e a documentación necesaria para a mesma:



Tendes Duas Formas de presentar as Solicitudes; Por vía electrónica ou Escrita.

  • Vía Escrita . Como Solicitudes deberan facerse no Impreso Que corresponda, Anexo II (procedemento BS303A) Caso de no solicitud individuo ou Anexo III (procedemento BS303F) no múltiple Caso de solicitud. Estaran DISPONIBLES na Guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos ou na Sede Electrónica no enderezo https://sede.xunta.es
    A solicitud, xunto coa Documentación requirida dirixirase á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
  • Vía electrónica . Os solicitantes poderán presentar electronicamente como Solicitudes suas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es
    No Caso solicitud de individuo presentarán electronicamente o Formulario de solicitud hacerlo Anexo II (procedemento BS303A) e no solicitud de Caso presentarán múltiple o Formulario de solicitud Anexo III (procedemento BS303F)



Para máis información tendes a páxina web de Xuventude da Xunta de Galicia, e se tendes algunha dúbida contactade con nós a través do noso blog, Facebook, correo-e: aspanemi@gmail.com ou teléfono: 981 946 319



miércoles, 10 de abril de 2013

Xuventude Galica Net 2013



Este ano a 14ª edición de XUVENTUDE GALICIA NET, “party” de informática e novas tecnoloxías que organiza a Xunta de Galicia, será os días 10, 11 e 12 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.


Polo momento non teñen pechada a programación pero contará con charlas, relatorios e talleres o venres pola tarde e o sábado pola mañá e pola tarde.  


Se es socio/usuario de ASPANEMI e queres inscribirte contacta con nós ANTES DO 16 DE ABRIL. Dende COGAMI (Confederación Galega de persoas con discapacidade) porían á disposición das asociacións 10 equipos informáticos, e só teriamos que levar as axudas técnicas, no caso de precisalas.


Podedes contactar con nós a traves do Blog, Facebook, o noso correo electrónico; aspanemi@gmail.com ou chamando o: 981 946 319


Será unha fin de semana cargada de acción (e formación) con actividades para todos os gustos e idades. 

¿¿¿A QUE ESPERADES???


lunes, 1 de abril de 2013

Actividades Abril 2013


ACTIVIDADES ABRIL ASPANEMI



OBRADOIRO DE PINTURA (RESPIRO FAMILIAR): SÁBADO 6 DE ABRIL 17:30 H. Como de costume é unha actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así comorelacionándose con outros nenos. Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase un merenda para todos os que participen.


AQUATERAPIA: Despoís do  parón do venres de Semana Santa, retómase a actividade este venres 5 de Abril no seu horario habitual.

ESCOLA DE PAIS: Aplázase a ESCOLA DE PAIS de este martes 2 de Abril, irémosvos informando de que día establecemos o longo da semana.

Por favor confirmar a vosa asistencia, ben por correo electrónico (aspanemi@gmail.com) ou vía telefónica (981946319).