lunes, 30 de junio de 2014

LEXISLACIÓN DE INTERESE


CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/2015

   No número 120 do Diario Oficial de Galicia, de data xoves 26 de xuño, publícase a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

     Para consultar toda a información, clickade en:


viernes, 27 de junio de 2014

NOVA DE INTERESE


NOVAS  AXUDAS  ECONÓMICAS

   Facémonos eco das palabras da ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, que anunciou que as familias de persoas con discapacidade percibirán axudas de, polo menos, 1200€ anuais, grazas á reforma fiscal levada a cabo polo goberno.

     Esta reforma engade ás axudas xa existentes, segundo a ministra, tres novas categorías nas que as persoas con discapacidade están especialmente consideradas e todas elas recibirán un mínimo de 100€ ao mes durante todo o ano (que se poderá cobrar de forma anticipada), sendo unha axuda acumulable.

     Tedes máis información no seguinte enlace:


ACTIVIDADE DEPORTIVA


ESCOLA  DE  VELA  LIXEIRA  EN  CAMARIÑAS

   Dende COGAMI infórmannos da escola de vela lixeira en embarcacións tipo raquero que están a organizar en colaboración co Concello de Camariñas.

     Serían na primeira quincena de xullo e teñen unha duración de 4 horas (de 16 a 20h) e están dirixidas a un grupo de oito persoas con discapacidade, sen dificultades de mobilidade, pois as embarcacións non son accesibles/adaptadas. Cada grupo ten a obriga de contar cun ou dous responsables, dependendo das características do mesmo.

     O prazo para inscribirse remata o 2 de xullo e tedes que indicar a preferencia de datas. A reserva hai que formalizala á maior brevidade posible na dirección de correo lecer@cogami.es

     


jueves, 26 de junio de 2014

TAPÓNS SOLIDARIOS


CAMPAÑA  "ALBA, LA PROMESA"


     Tedes máis información sobre os tapóns que valen no seguinte enlace:





LEXISLACIÓN DE INTERESE


NOVA  EDICIÓN  DO  PLAN  PIVE

   No número 155 do Boletín Oficial do Estado, de data xoves 26 de xuño, establécese, mediante Real Decreto do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a regulación da concesión directa de subvencións do "Programa de Incentivos al Vehículo Eficiente (PIVE-6)".

     O desconto total do que se poderá beneficiar o comprador dun vehículo que se axuste ás especificacións será dun mínimo de 2000€, incrementándose ata os 3000€ se o solicitante é unha persoa con discapacidade que acredite a súa mobilidade reducida e adquira un vehículo adaptado ou que se adapte para a condución. Dito mínimo tamén aplicarase no caso de familia numerosa.

     O programa surtirá efecto a partir do día seguinte á data de publicación do Real Decreto e finalizará 12 meses despois ou, se acontecera antes, cando se esgote o orzamento disponible.

     Tedes toda a información clickando no enlace:


miércoles, 25 de junio de 2014

ACTIVIDADES PROPOSTAS


TERAPIA PARA PERSOAS CON TEA

     Autismo Galicia xa abriu o prazo de inscrición (ata o 4 de xullo) para os nenos/as (a partir de seis anos) e adultos con TEA (Trastorno do Espectro Autista) que queiran participar nas viaxes a Allariz onde realizaranse terapias asistidas con asnos na Asociación Andrea, ademáis doutras actividades de ocio.

       A primeira quenda será do 1 ao 6 de setembro (para nenos/as de 6 a 16 anos) e a segunda, do 22 ao 27 do mesmo mes (maiores de 16 anos).

     Para máis información, podedes chamar a Autismo Galicia (981.589365), mandar un mail a info@autismogalicia.org, ou consultar os trípticos que vos deixamos a continuación.





AXUDAS AO ESTUDO


"BECAS FUNDACIÓN UNIVERSIA CAPACITAS"

     O "Programa de Becas Fundación Universia Capacitas" pretende fomentar a integración sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades a través dunha educación inclusiva.

     Os beneficiarios serán estudantes matriculados ou que se vaian matricular en ensinanzas oficiais de grado ou postgrado na universidade e que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Optarán a tres tipos de bolsas (de acceso, de progreso ou de mobilidade) que poderán ser renovadas ata un máximo de seis anos.

     As solicitudes poden presentarse ata o día 15 de outubro e só por vía telemática, cumprimentando o formulario e adxuntando a documentación adicional.

     Para máis información, podedes chamar aos teléfonos 91 289 51 70 - 91 289 56 03 ou ben consultar no seguinte enlace:




martes, 24 de junio de 2014

LEXISLACIÓN DE INTERESE


NARÓN  -  AXUDA NO FOGAR
     
     No número 116 do Boletín Oficial da Provincia da Coruña, de data xoves 19 de xuño, publicouse mediante edicto de aprobación definitiva a ordenanza municipal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Narón, que derroga expresamente a ordenanza anterior nesta materia do ano 2009.

     Para máis información podedes consultar o seguinte enlace:


lunes, 23 de junio de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA


"XUNTANZA  DIVERSA"

     A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) vai organizar para este vindeiro sábado día 28 unha "Xuntanza Diversa" para dar a benvida ao verán, unha xornada de convivencia de 10 a 20h onde poderedes atoparvos cun pequeno mercado de artesanía e oportunidades, as actuacións do mago ferrolán Fiz e dun DJ que amenizará a festa, e algunha sorpresa máis. Quen queira tamén poderá quedarse a xantar.

     Para máis información, chamade ao teléfono de DIVERFFEC: 981.930544






SOLIDARIEDADE


DOAR SANGUE  -  DOAR VIDA

     Esta semana o SERGAS fixo un chamamento pedindo a participación cidadá para lograr as 40.000 doazóns de sangue durante o periodo estival, facendo fincapé en que manter as reservas do sangue nos niveis axeitados para garantir a actividade asistencial (urxencias, cirurxías, transplantes, tratamento de enfermos oncolóxicos e hematolóxicos...) require a entrada de 500 doazóns diarias, tarefa que se complica moitísmo nos meses de verán.

     Para fomentar e facilitar as extraccións, as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia realizarán máis de 700 campañas de doazón visitando máis de 250 concellos.

     


ARTIGO DE INTERESE


ADXUDICACIÓN  DO  065

     Damos divulgación ao artigo publicado este pasado venres 20 de xuño no periódico La Voz de Ferrol onde confírmase que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia adxudicou o servizo de transporte adaptado 065 á empresa UTE Gaveiras-Conco-Rico, que se fai cargo de dito servizo xa dende o día 9 de xuño, aínda que só nos traxectos discrecionais, que son os únicos que inclúe agora este transporte adaptado.


LEXISLACIÓN DE INTERESE


FERROL  -  AXUDA NO FOGAR

     No número 117 do Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), de data venres 20 de xuño, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol publicou a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar de dito concello.

     Para máis información podedes consultar o seguinte enlace:




LEXISLACIÓN DE INTERESE


LEXISLACIÓN  DE  INTERESE

     No Boletín Oficial del Estado (BOE), no seu número 144 de data sábado 14 de xuño, e mediante Real Decreto do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, establécense os albores de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2014-2015 e modifícase parcialmente o Real Decreto de 2007 polo que se establecía o réxime deste tipo de axudas económicas ao estudo personalizado.

     Deixámosvos o enlace para que poidades consultar o documento:



viernes, 20 de junio de 2014

PREMIO PARA SONIA


XII CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE
EN GALEGO, SEN FILTRO

     Hai uns días entregáronse no Centro Cultural Carvalho Calero os premios do Certame Poesía e Imaxe: En Galego, Sen Filtro, que este ano acadou a súa edición número trece. O concurso foi convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Ferrol.

     Os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir de fragmentos de poemas da literatura universal en lingua inglesa, portuguesa, xaponesa e persa entre outras, coas súas correspondentes traduccións.

     Na asociación estamos moi contentos porque unha das nosas nenas, Sonia, conseguiu un premio, en concreto o pertencente á lingua inglesa, cun precioso debuxo baseado nun poema de Shel Silverstein. Sonia e a súa familia queren dar as grazas á Xunta (á Secretaría Xeral de Política Lingüística) e ao Concello de Ferrol e, como non, a todo o personal do colexio Terra de Ferrol, moi especialmente á profesora Lucía Fernández.

     Dende a nosa entidade, queremos darlle a noraboa a Sonia e dicirlle que siga expresando tan ben como o fai agora o marabilloso mundo que ten no seu interior para que todos nós poidamos botarlle unha ollada.

PARABÉNS SONIA !!!



CURSO DE VERÁN


"INCLUSIÓN Y PARTICIPACIÓN DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD.
DE LO QUE SÍ SOMOS CAPACES"

CURSO DE VERÁN DA UNED + FUNDACIÓN ONCE

    Dende UNIDIS (Centro de Atención a Universitarios con Discapacidad de la UNED) infórmannos de que se vai celebrar este curso de verán do 9 ao 11 de xullo, en Madrid.

     As matrículas feitas antes do 1 de xullo contarán con importantes descontos e grazas ao patrocinio da Fundación ONCE ofértanse 60 bolsas, de maneira que as persoas con discapacidade que desexen matricularse no curso poderán facelo totalmente de balde (ata cubrir o número de prazas subvencionadas).

    As instalacións nas que se vai a celebrar o curso son accesibles e contan cun bucle magnético. Tamén poderán solicitar intérprete na lingua de signos ou equipo de emisora FM as persoas con discapacidade auditiva que se matriculen.

      Podedes consultar toda a información ao respecto no seguinte enlace:

jueves, 19 de junio de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA


SARDIÑADA  DA  AVV  ENSANCHE  A

     A AVV Ensanche A de Ferrol infórmanos de que este venres, día 20 de xuño, van celebrar, coa colaboración do Concello da cidade, a súa tradicional sardiñada de San Xoán.

     Dita festa terá lugar na praza do Inferniño a partir das 20h e será gratuíta para tódolos socios da asociación veciñal. Amenizará o Dúo Rosas.



VEHÍCULOS ADAPTADOS


PLAN  ADAPTA  -  FORD  +  FUNDACIÓN  ONCE

     Trátase dun programa conxunto entre a Fundación ONCE, Ford España e a súa rede de concesionarios a través do cal trabállase para mellorar a accesibilidade á mobilidade das persoas con diversidade funcional con vehículos adaptados que empregan as máis novedosas tecnoloxías.

     Grazas a este plan, as persoas que necesiten un vehículo adaptado, ou ben os familiares ou coidadores que trasladen a persoas con mobilidade reducida, poderán probar un destes coches antes de compralo.

     Por outro lado, Ford  ofrecerá tamén melloras nas condicións económicas e de financiación para este colectivo de persoas, así como un programa específico de extensión da garantía, e no mesmo concesionario informaranvos das axudas establecidas para a compra destes vehículos, como a exención no imposto de matriculación ou no de rodamiento (o coche ten que estar ao nome da persoa con discapacidade e ten que solicitalo pesoalmente no concello).

     Podedes atopar os coches:
- hoxe en exposición no Cantón Grande de A Coruña (en frente ao Edificio da ONCE) en horario de 10 a 14h e de 16 a 20h,
- e venres e sábado, 20 e 21 de xuño, podedes probalos no Concesionario Gonzacar do Polígono de Agrela, na rúa Isaac Peral 28, nun horario o venres de 9 a 13.30h e de 15.30 a 20h e o sábado de 10 a 13h.

     Tedes toda a información en: PLAN ADAPTA CORUÑA

     Agardamos que esta información haxa sido do voso interese.







miércoles, 18 de junio de 2014

EDUCACIÓN INCLUSIVA


BOLSAS PARA O ESTUDO DA FUNDACIÓN ONCE

     A Fundación ONCE convoca o Programa de Bolsas "Oportunidad al Talento" cuxos beneficiarios poderán ser estudantes e titulados universitarios que teñan nacionalidade española, unha discapacidade legalmente recoñecida dun 33% ou superior e que reúnan as condicións establecidas nas bases.

     Neste programa establécense catro modalidades de axudas:
- de mobilidade transnacional
- de Máster e Postgrados
- de Doutorado
- á investigación
- prácticas en empresas para estudantes con gran discapacidade.

     O prazo para solicitar estas bolsas vai do 16 de xuño ao 20 de setembro e só poderá facerse por vía telemática.

     Podedes atopar toda a información no seguinte enlace:


martes, 17 de junio de 2014

DEPORTE INCLUSIVO


XORNADA DE DEPORTE INCLUSIVO

     Dende a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol infórmannos de que o vindeiro xoves, día 19, a partir das 11h da mañá, e no Polideportivo de Ares, celebrarase unha xornada aberta de deporte e actividade física inclusiva e adaptada co seguinte programa:

- 11h: Chegada de alumnos do CPI Conde de Fenosa e público en xeral.
- 11.10-11.20h: Presentación técnica xeral.
- 11.20-11.50h: Presentación, exhibición e actividade participativa de tenis en cadeira de rodas.
- 11.50-12.20h: Presentación, exhibición e actividade participativa de baloncesto en cadeira de rodas.
- 12.20-12.50h: Presentación e exhibición de boccia.
- 12.50-13.10h: Presentación e exhibición de baile.
- 13.10h: Entrega de diplomas aos participantes nas escolas.

     Se queredes máis información podedes clickar no seguinte enlace:


ARTIGO DE INTERESE


ARTIGO  DE  INTERESE

     Este domingo, día 15 de xuño, publicouse un artigo no Diario de Pontevedra onde facíase constar a redución no prazo medio de recoñecemento das prestacións ás persoas con dependencia, pois agora establécese nuns cinco meses e medio, se ben o Tribunal de Contas (que foi o organismo que fixo o informe de fiscalización) di que aínda "prodúcense importantes dilacións nas resolucións".


lunes, 16 de junio de 2014

ARTIGO DE INTERESE


ARTIGO  DE  INTERESE

     Na asociación facémonos eco do artigo publicado este pasado sábado día 14 de xuño, no periódico La Opinión de A Coruña, onde fálase da protesta e denuncia do BNG polo recorte no número de prazas e na idade dos participantes nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade organizados pola Xunta de Galicia.

   Os pais e nais tamén lamentan que non se haxan ofertado prazas para determinadas idades en emprazamentos máis próximos.




ACTIVIDADE DEPORTIVA


VIII  CARREIRA  ESCOLAR  ENSANCHE  A  -  FOTOS

     E, se podemos facer as cousas xuntos, por que ímolas facer separados?











ACTIVIDADE DEPORTIVA


VIII  CARREIRA  ESCOLAR  ENSANCHE  A  -  FOTOS

     Tócanos a nós, os maiores... CARREIRA DE PAIS E NAIS! Todo un espectáculo... con moi bon humor!


















ACTIVIDADE DEPORTIVA


VIII  CARREIRA  ESCOLAR  ENSANCHE  A  -  FOTOS

     Agora é o turno dos pequenos e pequenas que fixéronno xenial e, ademais, disfrutaron moito!

      Categorías Biberóns, Pre-Benxamíns e Benxamíns, SODES ESTUPENDOS !!!