miércoles, 11 de octubre de 2017

Obradoiro de pintura mes de outubro 2017


A pasada fin de semana tivemos o noso obradoiro mensual; onde fixemos botellas sensoriais que representaban o mar, elaboramos area artificial e puidemos desfrutar de xogos ó aire libre e dunha estupenda merenda caseira. Pasámolo pipa! Non perdas o seguinte!

jueves, 5 de octubre de 2017

Obradoiro mes de outubro 2017



Ola a todos e todas! Coa chegada de outubro retomamos as nosas actividades habituais, entre as que destacan os obradoiros de pintura. Así que xa sabedes, tedes unha cita este sábado 7 de outubro de 17 a 20 horas no local 3 do Local Social da Solaina (Narón). Esperámosvos!


Os nenos e nenas que participen poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas baseadas na realización de diferentes actividades sensoriais, como son a recreación do mar nunha botella e a elaboración de area artificial. Logo, participarán en diferentes dinámicas de grupo. Ó rematar, reporán forzas merendando.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena que queira asistir.