Ola a todos e todas! Coa chegada de outubro retomamos as nosas actividades habituais, entre as que destacan os obradoiros de pintura. Así que xa sabedes, tedes unha cita este sábado 7 de outubro de 17 a 20 horas no local 3 do Local Social da Solaina (Narón). Esperámosvos!
Os nenos e nenas que participen poderán desfrutar
de actividades totalmente lúdicas baseadas na realización de diferentes
actividades sensoriais, como son a recreación do mar nunha botella e a
elaboración de area artificial. Logo, participarán en diferentes dinámicas de
grupo. Ó rematar, reporán forzas merendando.
Lembrar que esta actividade está dentro do
programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a
pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato
nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que
se centra a actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera
neno e/ou nena que queira asistir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario