miércoles, 20 de mayo de 2015

Campamentos xunta

Bos días a todos.

Quero informarvos de que xa está publicada a información dos "Campamentos específicos persoas con discapacidade 2015 da Xunta de Galicia".

Podedes acceder a dito contido no enlace que vos presento a continuación.


Queremos resaltar que este campamento está dirixido a unha idade comprendida entre os 11 e os 40 polo que novamente quedan excluidas moitas persoas que deberían poder disfrutar de ditas actividades.

lunes, 18 de mayo de 2015

Guía axudas sociais

Boas tardes.

Hoxe vos deixamos anexado a guía de axudas sociais e servizos para as familias do ano 2015.

Espero que vos resulte de interese.

Emoticono smile

http://www.afundacion.org/docs/socialia/guia_ayudas_sociales_servicios_familias_2015.pdf

viernes, 15 de mayo de 2015

Excursión a Allariz

Bos días a todos. Quero avisarvos que dende ASPANEMI estamos a organizar unha nova excursión a Allariz.

Nesta ocasión comprenderá dende sábado 13 ata o domingo 14 de xuño.

Faremos unha visita á asociación ANDREA onde volveremos a ver aos burriños.

Tamén haberá piscina o domingo ;).

Se vos resulta de interese e queredes algo máis de información chamade ao 981946319 ou escribide un correo a aspanemi@gmail.com.

Precisamos saber pronto un número estimado de persoas para podelo organizar polo que vos prego que no lo fagades saber pronto. :)

http://andreaasociacion.org/

lunes, 4 de mayo de 2015

Taller de pintura Maio

O sábado pasado tivemos o taller de pintura de maio cun grupo de artistas que nos axudaron a decorar unhas macetas.
Esperamos que as sémolas que levaron para casa broten pronto.