miércoles, 31 de diciembre de 2014

Axuda social

Aquí tendes información importante sobre unha axuda social anunciada pola Xunta para pensionistas de xubilación e invalidez, persoas perceptoras das pensións do Fondo de Asistencia Social e persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos..

Tratase dunha axuda extraordinaria de 206 euros, que se aboarán sen que se precise solicitude da persoa interesada.

Para máis información e dúbidas que poidades ter déixovos o enlace ao Diario Oficial de Galicia onde aparece publicado.

Que teñades un feliz aninovo 

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141230/AnuncioCA05-261214-0015_gl.html

lunes, 29 de diciembre de 2014

APALPADOR martes 30

Acabamos de recibir unha chamada moi especial na asociación.

¡ O APALPADOR VAI VIR Á ASPANEMI O MARTES 30 ÁS 18:30 !

Comentounos que tódolos nenos de aspanemi así coma os doutras asociacións e os seus amigos están convidados a esta reunión
que se realizará na Sala 1-2.

Haberá agasallos para os asistentes.

¡ Vémonos alí ! 

https://www.youtube.com/watch?v=JmAfI4ucKJc

viernes, 19 de diciembre de 2014

miércoles, 17 de diciembre de 2014

BO NADAL

Aquí temos a felicitación do nadal dende COGAMI, confiamos en que vos guste o vídeo tanto coma a nós :)

https://www.youtube.com/watch?v=z69CLFl1CYk&list=UUMtfwq6ZWPxWusxgwUuciJQ&index=3

lunes, 15 de diciembre de 2014

Aparcamento Mobilidade Reducida

Hoxe vos mandamos anexa unha nova sobre as tarxetas de aparcamento para as persoas con mobilidade reducida.

A novidade é a posibilidade de aparcar en todo o territorio español e non só no municipio no que se resida.

Esperamos que vos sexa de utilidade 

http://www.afundacion.org/es/socialia/noticia/nuevas_tarjetas_de_aparcamiento_para_personas_con_movilidad_reducida

Día da Diversidade Funcional

Aquí tendes o enlace ao día da Diversidade Funcional do pasado venres.

Unha actividade chea de boas intencións e de entusiasmo na que esperamos houbésedes pasado un bo dia connosco.

E procuremos recordar o lema a diario:

"A diversidade ten dereitos"

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/dia-diversidad-funcional-odeon/20141212220601109680.html

sábado, 13 de diciembre de 2014

NOVA ETAPA

¡HASTA PRONTO!

Acaba un ciclo. Durante un año he estado con vosotros trabajando, formándome, aprendiendo, conociendo otras realidades... Por mi parte he intentado que crecierais como personas (grandes y niños, con discapacidad y sin discapacidad) y como asociación.

En resumen: ha sido un gran placer.

Como os dije en mi última Escuela de Padres: Tened orgullo. Orgullo de ser quienes y como sois, padres y madres estupendos de hijos e hijas también estupendos. Personas fuertes y luchadoras que día a día se enfrentan a un sin fin de adversidades, problemas, a las que se les marcan limitaciones y aún así siguen adelante. Pensad en objetivos, como os dije, no en límites. Id conquistándolos uno tras otro, poco a poco, y os asombraréis de lo lejos que habéis llegado. Y no os quedéis en la inclusión en un sentido unidireccional donde solo se ve el beneficio en la persona con discapacidad. Beneficio para los demás, que tenemos la suerte de estar con ellas y aprender de ellas, compartiendo actividades, inquietudes, ilusiones, tiempo...

Para mí ha sido una gran experiencia de vida y sé que me voy con muchos más amigos, por eso no digo adiós sino... Hasta pronto!

miércoles, 3 de diciembre de 2014

DÍA A CELEBRAR

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Nun día onde parece que só teñamos que fixarnos nas cousas que nos fan diferentes uns aos aoutros, por que non facer o contrario?: fixémonos no que todos nós somos... TODOS SOMOS PERSOAS, TODOS SOMOS CAPACES.

FELIZ DÍA PARA TODOS!

lunes, 1 de diciembre de 2014

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Hoxe queremos promocionar este vídeo que estamos seguros de que vaivos gustar.

Se vos parece interesante por favor compartídeo con vosos contactos para que acade ao maior número de persoas.

https://www.youtube.com/watch?v=d6umdC0TG84

ACTIVIDADE DEPORTIVA ASPANEMI

NOVA LEXISLACIÓN

NOVA LEI DE ACCESIBILIDADE

Compartimos un vídeo que nos fixeron chegar dende COGAMI co gallo da aprobación da nova lei de accesibilidade que pretende facilitar a inclusión das persoas con mobilidade reducida ou diversidade funcional en tódolos ámbitos, non só coa eliminación das barreiras arquitectónicas.

PUBLICACIÓN DE INTERESE

RÉXIME XURÍDICO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Dende a nosa asociación queremos dar difusión a publicación do CERMI, en colaboración coa Fundación ONCE e o Instituto de Derechos Humanos "Bartolomé de las Casas", "El régimen jurídico internacional de la capacidad jurídica de las personas con discapacidad", por se fora do voso interese.

Deixámosvos o enlace:

lunes, 24 de noviembre de 2014

Premio ao documental de COCEMFE

Hemos recibido a noticia de que o documental de COCEMFE que viramos no mes de abril na sesión de país "YO SOY: la discapacidad en primera persona" acaba de ser galardonado co premio a película máis humanitaria no Festival de Cine Internacional da Fundación ANADE.

Dende ASPANEMI queremos dar a nosa noraboa 
a todalas personas que participaron neste proxecto e pedirlles aos nosos lectores que vexan o vídeo e que o compartan cos seus contactos para mostrar a nosa implicación.

Moitas grazas e un saudo.

https://www.youtube.com/watch?v=N5aFZZ8KgQA&feature=youtu.be

viernes, 21 de noviembre de 2014

Taller de lavandería de AFAES.

Bos días, os informamos de que vaise realizar un taller de lavandería no centro ocupacional de AFAES (c/Río Sil 2-4 baixo (Piñeiros) 15570 Narón)

As tarifas as tedes na foto adxuntada.

Para calquera dúbida está a vosa disposición o correo: lavanderia-co.afaesferrol@mundo-r.com ou o teléfono 698171750.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

ARTIGO DE INTERESE

MENOS APOIO PARA UN ALUMNO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

Tal e como publica o Diario de Ferrol nun artigo editado este derradeiro sábado, un alumno do CIFP Ferrolterra con discapacidade auditiva vai ver como o intérprete de linguaxe de signos, que axudábalo ata agora tódolos días, só poderá estar con el e facilitarlle a comprensión das súas clases dous veces á semana, pois este especialista deberá atender tamén as necesidades surxidas noutro instituto, o IES Leixa, cun evidente prexuízo para o primeiro alumno, que desenvolve gran parte da súa actividade do ciclo en talleres.

Agardamos dende a nosa entidade que esta medida finalmente non sexa levada a cabo e os alumnos con discapacidade auditiva poidan ter un acceso á educación como tódolos demais.

viernes, 14 de noviembre de 2014

MOSTRA FOTOGRÁFICA

"INQUEDANZAS" MOSTRA FOTOGRÁFICA - TEIMA

Teima Down Ferrol, xunto con Afundación, presenta con motivo do seu 20º aniversario a mostra fotográfica "Inquedanzas".

A inauguración terá lugar o venres día 21 de novembro ás 19h, no Centro Sociocultural Afundación de Ferrol, na praza da Constitución.

Foto: "INQUEDANZAS" MOSTRA FOTOGRÁFICA - TEIMA

Teima Down Ferrol, xunto con Afundación, presenta con motivo do seu 20º aniversario a mostra fotográfica "Inquedanzas".

A inauguración terá lugar o venres día 21 de novembro ás 19h, no Centro Sociocultural Afundación de Ferrol, na praza da Constitución.

BOLSAS DO CONCELLO DE FERROL

CONCESIÓN AXUDAS PARA AGASALLOS DE NADAL
CONCELLO DE FERROL

No día de onte publicáronse no BOP de A Coruña as bases reguladoras para a concesión de bolsas de axuda para agasallos de Nadal co obxecto de fomentar a igualdade de nenos e nenas de 0 a 12 anos (ata os 18 en caso de padecer discapacidade psíquica) pertencentes a familias con escasos recursos económicos.

Os
requisitos son estar empadroado ou residir no concello de Ferrol, convivir cos/as menores para os que se solicita a axuda, que os ingresos económicos da unidade familiar non superen os máximos establecidos nas bases e presentar a solicitude coa documentación requirida.

A contía máxima concedida por neno será de 50€ e farase efectiva a través dun vale
canxeable nos establecementos adheridos á campaña.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol
ata o día 28 deste mes.

No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria:

Foto: CONCESIÓN AXUDAS PARA AGASALLOS DE NADAL
CONCELLO DE FERROL

No día de onte publicáronse no BOP de A Coruña as bases reguladoras para a concesión de bolsas de axuda para agasallos de Nadal co obxecto de fomentar a igualdade de nenos e nenas de 0 a 12 anos (ata os 18 en caso de padecer discapacidade psíquica) pertencentes a familias con escasos recursos económicos.

Os requisitos son estar empadroado ou residir no concello de Ferrol, convivir cos/as menores para os que se solicita a axuda, que os ingresos económicos da unidade familiar non superen os máximos establecidos nas bases e presentar a solicitude coa documentación requirida.

A contía máxima concedida por neno será de 50€ e farase efectiva a través dun vale canxeable nos establecementos adheridos á campaña.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ata o día 28 deste mes.

No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/11/13/2014_0000012081.pdf

jueves, 13 de noviembre de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS - ASOC. PIÑEIROS

Será o vindeiro día 22 de novembro, sábado, de 11 a 13h, e no Local Social de Piñeiros, en Narón. 

Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, que inventarán unha historia, farán os disfraces e a escenografía, maquillaranse...

Para inscribirse ou pedir máis información, preguntade por Mar no teléfono 649.283.976.

Foto: OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS - ASOC. PIÑEIROS

Será o vindeiro día 22 de novembro, sábado, de 11 a 13h, e no Local Social de Piñeiros, en Narón. 

Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, que inventarán unha historia, farán os disfraces e a escenografía, maquillaranse...

Para inscribirse ou pedir máis información, preguntade por Mar no teléfono 649.283.976.

ACTIVIDADE SOLIDARIA

FAI QUE O TEU MÓBIL SEXA SOLIDARIO!
COLABORA COA FUNDACIÓN "LLAMADA SOLIDARIA"!

O obxectivo principal desta fundación é racadar fondos, a través da recollida dos móbiles que xa non queremos, que non non serven, ou que están avariados, para a investigación das enfermidades raras e para levar a cabo labor asistencial cos nenos e nenas que as padecen, de xeito, colabora activamente coa Asociación de Enfermos de Patologías Mitocondriales (AEPMI) e coa Fundación Síndrome de West.

Dende esta fundación
tamén preténdese dar unha maior visibilidade a estas patoloxías e aos seus afectados, patoloxías que, aínda que non sexan tan comunes, merecen como todas as demais, que se destinen fondos para a súa investigación na procura de medicamentos, terapias ou, porque non ter esperanza, unha cura.

A campaña céntrase nestes momentos en 28 nenos e nenas e nas súas familias, todos cunha dura historia de enfermidade, loita e superación tras deles
.

A nosa entidade anímavos a participar con esta actividade solidaria. Pensade que cun xeito tan sinxelo como depositar o voso móbil nunha caixiña pódense conseguir moitas cousas boas, mellorando a calidade de vida de quen máis o merece, o neno que sofre.

En Ferrol tedes caixas da LLamada Solidaria nas oficinas do BBVA (praza de Armas)
.

Foto: FAI QUE O TEU MÓBIL SEXA SOLIDARIO!
COLABORA COA FUNDACIÓN "LLAMADA SOLIDARIA"!

O obxectivo principal desta fundación é racadar fondos, a través da recollida dos móbiles que xa non queremos, que non non serven, ou que están avariados, para a investigación das enfermidades raras e para levar a cabo labor asistencial cos nenos e nenas que as padecen, de xeito, colabora activamente coa Asociación de Enfermos de Patologías Mitocondriales (AEPMI) e coa Fundación Síndrome de West.

Dende esta fundación tamén preténdese dar unha maior visibilidade a estas patoloxías e aos seus afectados, patoloxías que, aínda que non sexan tan comunes, merecen como todas as demais, que se destinen fondos para a súa investigación na procura de medicamentos, terapias ou, porque non ter esperanza, unha cura.

A campaña céntrase nestes momentos en 28 nenos e nenas e nas súas familias, todos cunha dura historia de enfermidade, loita e superación tras deles.

A nosa entidade anímavos a participar con esta actividade solidaria. Pensade que cun xeito tan sinxelo como depositar o voso móbil nunha caixiña pódense conseguir moitas cousas boas, mellorando a calidade de vida de quen máis o merece, o neno que sofre.

En Ferrol tedes caixas da LLamada Solidaria nas oficinas do BBVA (praza de Armas).

http://www.llamadasolidaria.org/inicio

ACTIVIDADE CONMEMORATIVA

PARABÉNS PARA A ASOCIACIÓN NTRA. SRA. DE CHAMORRO!
XA VAN 50 ANOS!

A nosa entidade quere dar os parabéns á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, centro ocupacional, de día e de educación especial que leva dende o ano 1964 exercendo unha gran labor.

Para celebrar estes 50 anos de duro traballo dita asociación está a preparar unha gala o vindeiro día 22 de novembro, sábado, ás 19h, no Pazo da Cultura de Narón. Gala á que todos e todas estamos convidados.

Para garantir unha mellor organización, prégase a confirmación de asistencia, así pois, os que queirades participar nesta celebración, por favor, poñédevos en contacto coa nosa asociación, ben por teléfono (981.946.319) ou ben por mail (aspanemi@gmail.com). O prazo remata o próximo mércores, día 19.

PENSADE QUE 50 ANOS NON SE PODEN CELEBRAR TÓDOLOS DÍAS!

Foto: PARABÉNS PARA A ASOCIACIÓN NTRA. SRA. DE CHAMORRO!

miércoles, 12 de noviembre de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA

MOSTRA "CINEMA E SOCIEDADE" 2014: A DISCAPACIDADE

A mostra de cinema que organiza a Asociación Cultural Conxeito está adicada este ano ao tema da discapacidade e a inserción sociolaboral.

O programa desarrollarase no Centro Cívico de Caranza, en sesións de mañá e tarde, os días 11 ("Bailo por dentro" e "Elling"), 12 ("Yo también" e "El truco del manco") e 13 de novembro ("El amor a los 20 años", "Contrabajo" e "A familia Rufo"). 

O xoves día 13, ás 20h, haberá a gala de clausura
durante a cal entregaranse as Mencións Especiais á Fundación PAIDEIA e á Asociación Sociocultural ASCM.

A asistencia a tódolos actos é de balde
.

martes, 11 de noviembre de 2014

ACTIVIDADE SAUDABLE

PROGRAMA TERMALISMO 2014 - COGAMI

Dende COGAMI infórmanos de que se abre o prazo para inscribirse na terceira quenda deste programa dirixido a persoas con discapacidade (mínima do 33% recoñecida oficialmente) residentes na provincia de A Coruña.

Esta actividade terá lugar no Balneario Termas de Cuntis (Pontevedra), a entrada será o venres 12 de decembro e a saída o domingo 14, cun custo de 40€/persoa/día. O transporte, ida e volta, será por conta de cada participante.

O prazo de recepción de solicitudes remata o vindeiro 30 de novembro e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición e pago.

Para máis información podedes chamar ao teléfono de COGAMI (981.574.698) ou mandar un mail a fed.cogamicoruna@cogami.es

ACTIVIDADE DEPORTIVA

DEPORTE-ACTIVIDADE FÍSICA INCLUSIVOS

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, está levando a cabo o III PROGRAMA DE DEPORTE E ACTIVIDAE FÍSICA INCLUSIVOS para o que aínda quedan prazas dispoñibles e, complementariamente, presta un servizo de transporte adaptado que cubre as necesidades das persoas con diversidade funcional que queiran asistir aos lugares da comarca onde se practica esta actividade (baloncesto e tenis en cadeira de rodas, boccia, slalom e baile adaptado).

Tedes máis información sobre a ubicación e horarios das actividades, documentación a aportar para a matrícula e teléfonos de contacto no seguinte enlace:

Foto: DEPORTE-ACTIVIDADE FÍSICA INCLUSIVOS

file:///C:/Documents%20and%20Settings/Aspanemi2/Mis%20documentos/Downloads/Bases_III_Programa_AdaptadoInclusivo%20(1).pdf

ARTIGO DE INTERESE

AVANCES NA PETICIÓN DE BAMBÁNS ADAPTADOS

Nun artigo publicado no Diario de Ferrol do pasado sábado 8 de novembro, infórmase da decisión do alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, de levar a cabo a petición que se facía dende a nosa asociación de instalar bambáns adaptados nos parques municipais do concello, aínda que apraza estas instalacións ata o vindeiro ano, cando rematen as adaptacións que se están a realizar polo de agora destes espazos lúdicos infantís á normativa europea.

Agardamos que estes cambios podan facerse canto antes para que, tamén canto antes, todos os nenos e nenas poidan disfrutar por igual do seu tempo de lecer.

Foto: AVANCES NA PETICIÓN DE BAMBÁNS ADAPTADOS

"CONVERSAS OS MÉRCORES" EN DIVERFFEC

A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) fainos chegar información sobre a súa actividade "Conversas os Mércores", iniciativa, coa que colabora a Deputación de A Coruña, consistente en charlas coloquiais sobre un tema, café e boa compañía.

Levarase a cabo os mércores a partir das 18h no local social da entidade
, na rúa Colón, esquina Mendizábal B/4 P/5, en Esteiro.

O vindeiro día 12 de novembro contarán coa presenza de Xoana Balado Fernández, a coñecida psicomotricista de Atención Temperá da Área de Ferrol, con moitísimos anos de experiencia profesional
.

Para máis información, podedes chamar ao teléfono da asociación: 981.930.544.

viernes, 7 de noviembre de 2014

ARTIGO DE INTERESE

PRECARIEDADE NOS SERVIZOS SOCIAIS DE FERROL?

Dende a asociación facémonos eco do artigo publicado hoxe no Diario de Ferrol, onde a deputada socialista Beatriz Sestayo denuncia a precariedade dos servizos sociais do Concello que califica de "colapsados e abandonados" e alerta da "dramática" situación pola que pasa a cidade coa Lei da Dependencia, as concesións do RISGA e a mala alimentación dos nenos, sendo o persoal docente o que, organizándose de maneira solidaria, intenta axudar en moitos destes casos.

ACTIVIDADE PROPOSTA

ACTIVIDADE PROPOSTA

jueves, 6 de noviembre de 2014

ACTIVIDADE SOLIDARIA

LECTURA E BOA COMPAÑÍA

     A nosa entidade quere difundir unha nova iniciativa do Concello de Vigo que vai poñer en funcionamento esta tempada a través da Oficina Municipal de Voluntariado, na que xa hai inscritos 2.200 veciños como voluntarios: trátase de levar a lectura ao fogar de persoas que por calquera circunstancia sofran unha discapacidade temporal ou permanente que lles impida ou dificulte o ler ou saír de casa e acudir á biblioteca.

     Se ben hoxe en día cóntase con audiolibros ou programas de ordenador que pasan textos a audio, esta iniciativa
ofrece algo que a tecnoloxía non pode substituír: o contacto humano, o calor e o apoio que se dan as persoas cando falan unhas coas outras e comparten momentos de necesidade ou dor física ou emocional.

     Sen dúbida, unha loable actividade.

Foto: LECTURA E BOA COMPAÑÍA

A nosa entidade quere difundir unha nova iniciativa do Concello de Vigo que vai poñer en funcionamento esta tempada a través da Oficina Municipal de Voluntariado, na que xa hai inscritos 2.200 veciños como voluntarios: trátase de levar a lectura ao fogar de persoas que por calquera circunstancia sofran unha discapacidade temporal ou permanente que lles impida ou dificulte o ler ou saír de casa e acudir á biblioteca.

Se ben hoxe en día cóntase con audiolibros ou programas de ordenador que pasan textos a audio, esta iniciativa ofrece algo que a tecnoloxía non pode substituír: o contacto humano, o calor e o apoio que se dan as persoas cando falan unhas coas outras e comparten momentos de necesidade ou dor física ou emocional.

Sen dúbida, unha loable actividade.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

DIVERSIDADE FUNCIONAL NA TV

NENOS E NENAS CON DISCAPACIDADE NA "VOZ KIDS"

     Dende COCEMFE fanos saber que o coñecido programa de Tele 5 "La Voz Kids" está buscando nenos e nenas con discapacidade que, ao igual que os nenos e nenas que non teñen dificultades, teñan oído musical e lles apaixoe a música para que poidan participar nos cástings.

     É necesario grabar dous vídeos (dun minuto aproximadamente cada un), aínda que sexa co móbil, un deles obrigatoriamente coa nena ou o neno cantando a capela. Se ademais, sabe tocar algún instrumento musical, tamén debería verse no vídeo.

     Dado o pouco tempo co que avisaron á produtora, a recepción das imaxes debe ser canto antes.

     Podedes atopar máis información chamando a María Granizo (679.514.507) ou ben mandándolle un e-mail a maria.granizo@boomerangtv.com ou a mgranizo2003@yahoo.es

VIDA SAUDABLE

CONSERVANTES PREXUDICIAIS PARA A SAÚDE

     Hai un tempo vos falabamos dos corantes alimenticios prexudiciais para a nosa saúde e que conviña evitar. Agora é a quenda dos conservantes:

- en pequenas doses producen: problemas toxicolóxicos (do E210 ata o E219), alerxias (do E210 ao E219, E230 a E233, E239 e E240), irritacións do tubo dixestivo (do E220 ao E227), inactivación da vitamina B (do E220 ao E227), náuseas (do E230 ao E233), vómitos (do E230 ao E233), irritación dos ollos (do E230 ao E233), arrubiamento (E236, E237 e E238), ampolas (E236, E236 e E238), queimaduras (E236, E237 e E238), urticaria (E239), problemas gástricos e urinarios (E239), impedimento da síntese da glutamina no cerebro (E240) e cancro (E240).

- se se mesturan con corantes: asma e urticaria (do E210 ao E219).

- se o E240 mestúrase co E236 produce ceguera.

- se os conservantes do E210 ao E219 mestúranse co E222 prodúcense problemas neurolóxicos e se o fan co E300, cancro.

- a longo prazo producen: avitamitose (do E220 ao E227), destrución dos glóbulos vermellos (E251 e E252), e cancro (E236, E239, E251 e E252).

- en grandes doses provocan: risco de cancro (do E210 ao E219), mutacións xenéticas (E239), dificultades no transporte do osíxeno no sangue (E249 e E250), toxicidade nos rils (E236, E237 e E238), dor de cabeza (do E220 ao E227), náuseas e vómitos (do E220 ao E227), alerxia (do E220 ao E227), irritación dos bronquios e asma (do E220 ao E227).

     Tiñamos en conta entón a presenza destes conservantes nos alimentos que consumimos e intentemos evitalos.