viernes, 21 de diciembre de 2012

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


Deixámosvos aquí un vídeo das moitas actividades que os vosos nenos e familiares con discapacidade poden facer na neve na convivencia de esquí adaptado que estamos a preparar. 

Esperamos que vos guste. Nós xa agardamos con impaciencia que chegue o día de volver a San Isidro. 


      O Programa de Esquí Adaptado 2013

       é unha actividade cofinanciada polo

Concello de Narón no marco do Convenio 2013






¡¡ XA NON QUEDA NADA!!



Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


ULTIMOS DÍAS PARA RESERVAR NO  ESQUÍ ADAPTADO

Como xa sabedes, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León. O que se pretende con esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente, xunto as súas familias.

Recordámosvos o presuposto e data para a actividade de esquí adaptado en San Isidro.

(OBLIGATORIO CERTIFICACIÓN MÉDICA DE PODER ASISTIR A ACTIVIDADE)

DATAS: Saída o 25/01/2013 ás 16:00 h. detrás do antigo concello de NarónVolta o 27/01/2013 as 16:00 - 16:30 dende San Isidro.

PRESUPOSTO:
- Viaxe de Narón a San Isidro, en autobús adaptado, ida e volta 40€/per. ¡¡¡socios gratis!!!
- Estanza con almorzo, comida e cea (inclúe almorzo e comida do domingo) no albergue de FELECHOSA50€/per. ¡¡¡nenos de menos de 4 anos gratis!!!



EN RESUMO; VIAXE E ESTANZA CON COMIDA:
Socios: 50 €/per.
Non Socios: 90€/per.

PREZOS EN SAN ISIDRO:

PISTAS
medio día - 20€/per.
Debutantes - 15€/per.
Adulto día enteiro - 27€/per.

ALUGUER DE EQUIPAMENTO* (esquís, táboa de snow, botas, etc.):12€/per.
* tamén equipamento adaptado

PARA OS QUE ESTEAN INTERESADOS EN CLASES:
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.



PRAZO LÍMITE PARA RESERVAR PRAZA 21 DE DECEMBRO  




O PAGAMENTO DO AUTOBÚS E A ESTANZA HAI QUE FACELO POR ADIANTADO, EN CASO DE RESERVAR E NON ASISTIR NON SE DEVOLVERÁ A PARTE CORRESPONDENTE AO 40% DO ALBERGUE (20 €).








O Programa de Esquí Adaptado 2013

é unha actividade cofinanciada polo 

Concello de Narón no Convenio 2013



imprimir entrada

jueves, 20 de diciembre de 2012

Festas de Nadal



 VISITA DE PAPÁ NOEL E O APALPADOR



Este sábado día 22 ás 17:00 h. no Local Social da Solaina, virán de visita Papá Noel e o Apalpador, para felicitar aos nosos nenos as festas de Nadal e escoitar todos os seus desexos.

¡¡¡¡Non volo perdades!!!!


E para todos aqueles nenos e nenas que non coñezan a Apalpador, deixámoslles aquí a súa historia.




viernes, 14 de diciembre de 2012

Rastrillo Solidario


RASTRILLO SOLIDARIO PARA

 DIVERFFEC FERROL E COMARCAS




Se estades por Ferrol o próximo xoves 20 ás 5 da tarde, pasarvos a saudar os nosos amigos de DIVERFFEC (Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas), que celebran un "RASTRILLO SOLIDARIO" (Rúa Colón, esquina Mendizábal, bloque 4, portal 5, fronte á Universidade Politécnica, ao lado da 
Casa do Patín). Se tes cousas que non necesites, podes levalas para que alguén que si as queira lles dunha boa nova vida. E se necesitas algo, ¡¡¡podes pasarte a ver que encontras!!!




Campaña Solidaria de Alimentos



RECOLLIDA SOLIDARIA DE 

ALIMENTOS PARA A COCIÑA ECONÓMICA.




A Asociación Vida Activa e o Colexio Público de Sillobre xunto co seu AMPA, están levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros (conservas de legumes, froitas, pescados, leite, azucre, aceite, etc.), a cal rematará o día 21 de Decembro, para colaborar coa labor da COCIÑA ECONÓMICA.




¡¡¡¡PARTICIPA CON ELES!!!! Podedes depositar a vontade nos seguintes puntos:


- Asociación Vida Activa: Local Social da Solaina; Rúa Mercedes Freire Lago, nº 4, Santa Icía, Narón.

- CEIP de Sillobre: Rúa Mestre Lois R. Calvo, S/N, Fene (de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.).


---Cocina Económica de Ferrol ---


Respiro Familiar (Obradoiro de Pintura)




OBRADOIRO DE PINTURA (RESPIRO FAMILIAR)

Este sábado día 15 de Decembro ás 17:30 horas realizamos o noso "OBRADOIRO DE PINTURA".

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Por favor confirmen a súa asistencia, mediante teléfono; 981 94 63 19 ou Correo-e: aspanemi@gmail.com 









martes, 11 de diciembre de 2012

Escola de Pais Decembro


ESCOLA DE PAIS



Hoxe, martes 11 de Decembro ás 20:15 horas ten lugar outra nova sesión da nosa "ESCOLA DE PAIS".

Abordarase un tema de interese para as familias, neste caso o control emocional e a relaxación e manterase unha dinámica de diálogo e participación común, para que os participantes teñan un espazo para a reflexión.

Non dubidedes en asistir, ¡é completamente gratuíto!

Se precisades de máis información podedes contactar connosco a través do noso teléfono: 981 94 63 19, ou do noso correo-e: aspanemi@gmail.com





¡¡¡¡¡ANIMARVOS!!!!!



lunes, 10 de diciembre de 2012

Dia internacional de los Derechos Humanos


DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.


Este Día presenta, cada ano, a oportunidade de celebrar os dereitos humanos, avogar porque todos os individuos os gocen alá onde se encontren e destacar un problema específico relacionado con eles.
A cuestión que acapara a atención este ano é o dereito de todas as persoas sen distinción do seu sexo, a súa idade, o seu grupo étnico, a súa posición social ou de se PADECEN ALGUNHA DISCAPACIDADE, a facer oír a súa voz na vida pública e a ser incluídos no proceso de adopción de decisións políticas

Comparte as túas ideas sobre o dereito a participar na vida pública e na adopción de decisións políticas mediante #VoiceCount.

Unha aperta, amigos de AS.PA.NE.MI.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Día do voluntariado



 DÍA INTERNACIONAL DOS VOLUNTARIOS


O Día Internacional dos Voluntarios ofrece unha oportunidade para que as organizacións de voluntarios e os propios voluntarios fagan visibles as súas contribucións á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio promovidas polas Nación Unidas, tanto no ámbito local e nacional como internacional.


Dende a nosa asociación queremos dar protagonismo o altruismo dos nosos coolaboradores e  dar a coñecer que o Programa de Voluntarios de AS.PA.NE.MI., ademais de mobilizar a unha veintena de voluntarios cada ano, traballa para establecer programas de voluntarios e crear estruturas que fomenten e manteñan o voluntariado local. 

O Día Internacional dos Voluntarios (DIV) é unha celebración do séu compromiso e da súa esperanza dun mundo mellor. Hoxe temos o propósito de recoñecer o dedicación destas persoas para con nos e informar a xente sobre o impacto do voluntariado na nosa asociación e nos nosos  nenos e familias, á súa vez, renderlles homenaxe pola súa dedicación e o seu impacto.

"Nunca dubides de que un pequeno grupo de persoas poden cambiar o mundo. De feito, sempre se conseguiu así. "

- Margaret Mead


¡¡¡¡¡GRAZAS POR FACERNOS MELLORES!!!!!!

lunes, 3 de diciembre de 2012

SOS Discapacidade. (Dereitos, inclusión e benestar a salvo)

             

¡¡¡SOS DISCAPACIDADE!!!


Onte, día 2 de decembro de 2012, un día antes do "Día internacional das persoas con discapacidade", produciuse no centro de Madrid unha manifestación histórica promovida polo CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) e que uniu a máis de 2000 asociación de todos os territorios estatais.

Empurrados pola duración da crise económica e os severos recortes, o colectivo das persoas con discapacidade e as súas familias, ao igual que outros sectores - sanidade, educación, xustiza, servizos sociais, desafiuzados- saíron a tomar a rúa. É a primeira marcha multitudinaria do noso colectivo que agrupa persoas con discapacidade auditiva, visual, física, psíquica, sensorial e intelectual.


Os manifestantes viñan de todas as partes de España. Case 500 autobuses levaron a unhas 25.000 persoas de todas partes do país, para dar a ver a nosa precaria situación ao mundo e seguir reivindicando que as batallas gañadas estes últimos 30 anos non deben, nin poden caer en saco roto.