lunes, 3 de diciembre de 2012

SOS Discapacidade. (Dereitos, inclusión e benestar a salvo)

             

¡¡¡SOS DISCAPACIDADE!!!


Onte, día 2 de decembro de 2012, un día antes do "Día internacional das persoas con discapacidade", produciuse no centro de Madrid unha manifestación histórica promovida polo CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) e que uniu a máis de 2000 asociación de todos os territorios estatais.

Empurrados pola duración da crise económica e os severos recortes, o colectivo das persoas con discapacidade e as súas familias, ao igual que outros sectores - sanidade, educación, xustiza, servizos sociais, desafiuzados- saíron a tomar a rúa. É a primeira marcha multitudinaria do noso colectivo que agrupa persoas con discapacidade auditiva, visual, física, psíquica, sensorial e intelectual.


Os manifestantes viñan de todas as partes de España. Case 500 autobuses levaron a unhas 25.000 persoas de todas partes do país, para dar a ver a nosa precaria situación ao mundo e seguir reivindicando que as batallas gañadas estes últimos 30 anos non deben, nin poden caer en saco roto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario