DÍA INTERNACIONAL DOS VOLUNTARIOS

Dende a nosa asociación queremos dar protagonismo o altruismo dos nosos coolaboradores e dar a coñecer que o Programa de Voluntarios de AS.PA.NE.MI., ademais de mobilizar a unha veintena de voluntarios cada ano, traballa para establecer programas de voluntarios e crear estruturas que fomenten e manteñan o voluntariado local.
O Día Internacional dos Voluntarios (DIV) é unha celebración do séu compromiso e da súa esperanza dun mundo mellor. Hoxe temos o propósito de recoñecer o dedicación destas persoas para con nos e informar a xente sobre o impacto do voluntariado na nosa asociación e nos nosos nenos e familias, á súa vez, renderlles homenaxe pola súa dedicación e o seu impacto.
"Nunca dubides de que un pequeno grupo de persoas poden cambiar o mundo. De feito, sempre se conseguiu así. "
- Margaret Mead
¡¡¡¡¡GRAZAS POR FACERNOS MELLORES!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario