lunes, 6 de diciembre de 2021

OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE ADORNOS DE NADAL E NOVO OBRADOIRO DE EMOCIÓNS

 

O vindeiro sábado 11 de decembro terá lugar un obradoiro de Fabricación de adornos de nadal e un obradoiro de emocións da Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas.



As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar dunha tarde chea da maxia do Nadal. Confeccionaremos árbores, estrelas e todo tipo de adornos propios destas datas. Paralelo a este obradoiro celebraremos, por quendas, a terceira edición do obradoiro de emocións.Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar” (subvencionado polo Concello de Ferrol); é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.