lunes, 31 de marzo de 2014

ACTIVIDADES MENSUAIS



ACTIVIDADES  DA  PRIMEIRA  SEMANA  DE  ABRIL

     Como todos vós sabedes, a primeira semana de cada mes é a destinada na nosa asociación para levar a cabo dúas actividades:

- Escola de Pais: a sesión de este mes será o próximo mércores día 2 de abril, co horario de sempre, de 20 a 22 horas, no local da asociación.

- Taller de Pintura: verémonos o sábado día 5, de 17 a 20 horas, nos baixos do Local Social da Solaina. Xa sabedes que despois de pintar haberá merenda.

     Esperando que ambas dúas actividades sexan do voso interese, agardamos a vosa presenza.




jueves, 27 de marzo de 2014

ARTIGO DE INTERESE



PROBLEMÁTICA  DO  O65

     Damos diifusión dende a asociación ao artigo editado hoxe no Diario de Ferrol sobre a problemática do servicio do 065. Entendemos que pode ser do voso interese.




lunes, 24 de marzo de 2014

ARTIGO DE INTERESE



A  PROBLEMÁTICA  DO  O65

     Este pasado domingo publicouse un artigo no Correo Gallego sobre a desaparición do servicio do 065 tal e como o coñecemos ata agora. A Consellería de Benestar di que o servizo se modificou para obter unha mellor eficacia, pero diferentes asociacións da área de Ferrolterra, entre as que se atopa AS.PA.NE.MI, expresan o seu malestar porque aínda non se presentou ningunha empresa para xestionar este transporte.

     


miércoles, 19 de marzo de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA



OBRADOIRO  DE  NUTRICIÓN  E  ALIMENTACIÓN

     A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) organiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, un obradoiro de Nutrición e Alimentación que se vai celebrar os días 23, 24 e 25 deste mes, cun horario de 18 a 20 horas.

    O obradoiro vai ser impartido por Rosa María López e Rosalina del Río, profesionais cunha consulta en Sada (Nutrición e Hixiene Alimentaria, NIH).

     A actividade ten un custo de 5€, as prazas son limitadas e darase unha acreditación de asistencia á mesma.

     Para obter máis información ou inscribirse no obradoiro podedes chamar aos teléfonos da DIVERFFEC: 981.930544  -  698.183808.
      






lunes, 17 de marzo de 2014

SERVICIOS DO 065


PETICIÓN DE GARANTÍA DOS SERVICIOS DO 065

     Dende COGAMI chegounos a seguinte información aparecida no Diario de Ferrol no día de hoxe e que pensamos pode ser do voso interese.







lunes, 10 de marzo de 2014

ACTIVIDADE MENSUAL



ESCOLA  DE  PAIS  -  MARZO

     Lembrade que, por mor da festividade en Narón do Mércores de Cinza o pasado día 5, a actividade mensual da Escola de Pais viuse aprazada para o mércores desta semana, día 12, no seu horario habitual de 20 a 22 horas.

      Agardamos a vosa presenza nesta xuntanza.






ACTIVIDADE DEPORTIVA



VIII  CARREIRA  ESCOLAR  DO  ENSANCHE  A

     A Asociación de Veciños do Ensanche A ten a ben informarnos de que está a preparar a oitava edición da súa coñecida Carreira Escolar. Dita actividade realizaríase o domingo, día 1 de xuño.

     Todos os que tiñais pensado acudir a este certame deportivo, por favor, poñédevos en contacto coa asociación, no número de teléfono 981.946319, pois deberiamos de saber cantos de vós tedes interese en participar de cara a unha mellor organización.

     Moitas grazas e un saúdo.




     


martes, 4 de marzo de 2014

MANIFESTACIÓN POLO DEREITO AO ABORTO




MANIFESTACIÓN  EN  SANTIAGO  DE  COMPOSTELA

     Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol chéganos a seguinte información que poñemos a vosa disposición por se fose do voso interese:

     A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación o domingo 9 de marzo, que sairá ás 12.00 horas da estación de tren de Compostela. O lema da mesma vai ser: "Enchamos a Quintana. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos".

     O grupo de traballo da Plataforma en Ferrolterra pon un autobús dende Ferrol (5€/pers) que sairá do Teatro Jofre ás 10.00 horas e fará parada en Caranza e Fene. A volta de Santiago está prevista ás 16.00 horas.

     A data límite para anotarse é o xoves día 6 de marzo e hai que facelo no teléfono 607.082232 (Eva).




lunes, 3 de marzo de 2014

OBRADOIRO PINTURA-MARZO



OS  LEÓNS  DE  AS.PA.NE.MI

     Este derradeiro sábado tivo lugar nos baixos do Local Social da Solaina a actividade do Obradoiro de Pintura e Manualidades que está a realizar a nosa asociación todos os primeiros sábados do mes.

     Nesta ocasión, dadas as datas nas que estamos, a temática tivo que ver coas festas do Entroido e os nenos e nenas que asistiron puideron facer unha máscara de león. Eliximos esta máscara en concreto e non outra porque pensamos que simboliza moi ben a personalidade deste rapaces, unha personalidade forte e chea de coraxe para saír adiante fronte ás dificultades que lles presenta a vida, coa enfermidade presente na súa propia pel ou directamente na súa familia.

     Todos eles disfrutaron moito coa actividade e logo puideron repoñer forzas cunha boa merenda.