OBRADOIRO DE NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN
A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) organiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, un obradoiro de Nutrición e Alimentación que se vai celebrar os días 23, 24 e 25 deste mes, cun horario de 18 a 20 horas.
O obradoiro vai ser impartido por Rosa María López e Rosalina del Río, profesionais cunha consulta en Sada (Nutrición e Hixiene Alimentaria, NIH).
A actividade ten un custo de 5€, as prazas son limitadas e darase unha acreditación de asistencia á mesma.
Para obter máis información ou inscribirse no obradoiro podedes chamar aos teléfonos da DIVERFFEC: 981.930544 - 698.183808.
No hay comentarios:
Publicar un comentario