miércoles, 30 de enero de 2013

Obradoiro de Pintura (Respiro Familiar).



OBRADOIRO DE PINTURA
(RESPIRO FAMILIAR)


Este sábado día 2 de FEBREIRO ás 17:30 horas realizamos o noso "OBRADOIRO DE PINTURA". A temática deste fin de semana será o ENTROIDO!!

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Por favor confirmen a súa asistencia.



¡¡¡PASARANO XENIAL!!!

jueves, 24 de enero de 2013

Campaña Tapóns Solidarios 2012-2013; "Alba a Promesa"


ENTREVISTA A RUBÍ E MARTA, NAI E TIA AVOA DE "ALBA A PROMESA"


A partir do minuto 32:20 podedes escoitar a entrevista no programa A FENESTRA SOLIDARIA a Rubi, a nai de ALBA, e a Marta a súa tía avoa, que vos achegan máis información sobre o estado de ALBA e a campaña.


Grazas a todos os que colaborades na campaña de "ALBA A PROMESA" e recordade: 

¡¡¡CONTINUAMOS XUNTADO TAPÓNS!!!


Para máis información deixámosvos o facebook de "ALBA A PROMESA" 
http://www.facebook.com/alba.lapromesa?fref=ts 

Tamén podedes seguir e informárvos da campaña contactando con AS.PA.NE.MI. a través do noso blog, teléfono: 981 946 319 ,correo-e: aspanemi@gmail.com ou no Facebook de ASPANEMI



martes, 22 de enero de 2013

Adeus a Ronda


HOMENAXE A RONDA




Unha cadeliña que nos deu moitos bos momentos e nos ensinou moito. 

Dende ASPANEMI queremos dar as grazas á Asociación Estímulos por deixarnos coñecer unha cadela tan estupenda, o igual que vos...





            ¡BOTARÉMOLA DE MENOS!

viernes, 18 de enero de 2013

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


O VIAXE A NEVE XA ESTÁ CERCA



Recordámosvos que o próximo VENRES 25 de XANEIRO...Imos á NEVE!!! A saída do autobús será ás 16:00 horas do venres, detrás do antigo concello de Narón.

Importante para os usuarios: Levar sacos de durmir (para aqueles que non aluguen sabas no albergue), toallas, roupa de abrigo impermeable, crema solar e lentes de sol.

E o máis importante que tedes que levar:

GANAS DE PASALO BEN!!!





XA NON QUEDA NADIÑA!!!

Esta convivencia familiar na neve englóbase dentro do Programa de Esquí Adaptadp 2013, que é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no marco do convenio asinado coa nosa entidade para o ano 2013.


miércoles, 16 de enero de 2013

Curso de Reiki

CURSO DE REIKI (1º NIVEL)

19 E 20 DE XANEIRO



Reiki é un antigo sistema de curación natural que a través da imposición de mans canaliza a "enerxía universal". Sana ao fluír polas partes afectadas, é práctico e eficaz en enfermidades, eliminar o estrés, relaxarse e sentirse feliz.

Reiki é un método moi sinxelo onde calquera persoa pode aprendelo con facilidade, mesmo nenos.



No primeiro nivel veremos:

Que é o Reiki, como actúa
A súa historia
Os Chacras
Auto sesión
Sesión rápida
Sesión completa


Aprenderemos a sentir a través das nosas mans. Ao alumno entregáseselle o Manual de Nivel I e un Certificado de Asistencia.


"Por ser unha forza universal do Grande Espírito, 
pertence a todos os que buscan e desexan aprender a arte da curación
- Hawayo Takata.


Horario: Sábado 17 a 20 h - Domingo 10 a 14 / 16 a 20h.


Imparte: Elisa Iglesias (Mestra de Reiki Usui).


Información: 

- 687 512 849 Montse // 696 838 155 Elisa.

- montsefragaperez@gmail.com

- elisa@galicia.com





¡¡¡ESPERÁMOSVOS!!!


Aclaración Campaña Tapóns


¡¡ACLARACIÓN IMPORTANTE!! 

CAMPAÑA DE TAPÓNS DE ALBA A PROMESA.


Dende ASPANEMI queremos facer saber encanto ó envio de tapóns dende a nave de Amenadás en Narón o pasado Luns 14 de Xaneiro, que a nosa Asociación non é a que recadou integramente as 6 toneladas (estimadas) de tapóns  para “ALBA A PROMESA”, senon que somos un colaborador máis da mesma e que a nosa misión é aumentar e coordinar a rede de colaboradores solidaria e participativa, que xa había comezado a súa familia o pasado més de Maio, así como axudar a familia a contactar cos medios, como xa fixemos o pasado ano coa campaña de Tapóns Solidarios da AEFAT.

A Campaña de “ALBA A PROMESA” comezou en Cartagena (residencia actual da moza) promovida pola súa Familia e amigos, e continuou na Provincia da Coruña, máis concretamente en Narón e Comarcas, lugar de onde é natural Alba e onde vive gran parte da súa familia.

Queremos agradecer a todas aquelas persoas, familias, asociacións, entidades, empresas, comercios, colexios e institutos, concellos, etc., o seu compromiso para con esta campaña e moi especialmente resaltar o traballo das avoas e bisavoas que son as que pasan xornadas completas clasificando e almacenando os tapóns, e que son a BASE FUNDAMENTAL de todo este traballo.

Por último, animar a xente a continuar apoyando a campaña de Tapóns Solidarios de “ALBA A PROMESA”, posto que queda moito por facer e unha vida pola que loitar. Grazas a todos.


Enriba de estas lineas temos a Lela, a avoa da rapaza, na nave de Amenadás onde se acumulan os tapóns de todos os coolaboradores da campaña.


Tapons Solidarios en Prensa


SEIS TONELADAS DE TAPÓNS NA CAMPAÑA DE ASPANEMI PARA "ALBA A PROMESA"


Deixámosvos aquí coa portada do Diario de Ferrol, deste Martes 15 de Xaneiro, na que aparece reflectida a entrega e traslado dos Tapóns almacenados á planta de reciclaxe Reserplas.

As "voluntarias" da foto son a nosa Presidenta Montse Fraga e Lela, a nosa avoa solidaria.



No seguinte link, podedes ler o articulo da Voz de Galicia sobre este evento, nel vos aparecen algúns artículos relacionáis que vos ensinan para que se empregan os tapóns, unha vez reciclados:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/01/14/aspanemi-entrega-seis-toneladas-tapones-causa-nina-alba/00031358177868686462437.htm


lunes, 14 de enero de 2013

Campaña de Tapón Solidarios 2012-2013; "Alba a Promesa"


ENVIO DA CARGA DE TAPÓNS SOLIDARIOS PARA "ALBA A PROMESA" A PLANTA DE RECICLAXE



Hoxe, día 14 de Xaneiro de 2013, levouse a cabo a carga de tapóns no camión que os transportará á planta de reciclaxe RESERPLAS S.L. (Porriño). Previramos que roldariamos a cifra de tres toneladas e media de tapóns de plástico, polo espazo que estes ocupaban na nave, pero resultou que a cantidade foi maior á esperada, déronnos a cifra estimada de ¡¡¡SEIS TONELADAS!!!!

Recordámosvos que a campaña de tapóns solidarios 2012-2013 vai dirixida a  "ALBA A PROMESA", unha rapaza de 15 anos da comarca que sofre unha lesión cerebral dexenerativa que lle impide o cerebro madurar, esto débese á perda progresiva de Mielina (material que permite a comunicación eléctrica interneuronal) das neuronas e que afecta á motricidade, o desenvolvemento normal dos órganos e a visión (da cal nos últimos meses a perdido un campo visual do 30% no ollo dereito e un 40% no ollo esquerdo)

O quilo de tapóns se paga a 0.25 €, cantidade que se ingresa integramente nunha conta creada pola familia e que vai dirixida o tratamento médico de Alba. Entre o recaudado pola nosa Asociación e a xente que se encarga da Campaña de "Alba  a Promesa" en Cartagena (residencia actual da moza), alcanzamos a cifra ESTIMADA de 9,6 toneladas nos últimos tres meses e medio de campaña. De todos os xeitos isto é aínda insuficiente, posto que o tratamento de Alba é moi custoso.

Dende ASPANEMI queremos AGRADECER a todas aquelas persoas, familias, asociacións, entidades, empresas, comercios, colexios e institutos, concellos, etc, o seu compromiso para con esta campaña, decir que sen a vosa colaboración este resultado non sería posible, e pedirvos que continuedes con ese espírito, xa que hai moito traballo que facer... SEGUIMOS ADIANTE!!!




Deixámosvos aquí co equipo que fixo posible a carga de tapóns no transporte, formado por membros de ASPANEMI, familiares de Alba e voluntarios.










¡¡¡Bo traballo rapaces!!!







PODEDES SEGUIR PASO A PASO A CAMPAÑA DE TAPÓNS SOLIDARIOS 2012-2013, DIRIXIDA A "ALBA A PROMESA", NO NOSO FACEBOOK:


PARA MÁIS INFORMACIÓN DA CAMPAÑA:

TLF: 981 94 63 19 / E-MAIL: aspanemi@gmail.com

http://www.facebook.com/pages/Alba-tods-contigo/293802530708413?fref=ts


viernes, 11 de enero de 2013

Beca Predouctoural AEFAT


TAPÓNS SOLIDARIOS PARA UNHA BECA PREDOUCTOURAL

Deixámosvos aquí a reportaxe do Diario de Ferrol, no que se fala da Bolsa Predoutoral para a investigación da Ataxia-Telangiectasia, convocada pola AEFAT, e que é o resultado da recollida de tapóns da campaña de 2011-2012 na que ASPANEMI colaborou inténsamente coordinando a recollida de tapóns en Ferrol e Comarcas, acadando un total de 14 toneladas.

Grazas á campaña de reciclaxe solidaria de tapóns de plástico do curso pasado, AEFAT abre o prazo para presentación de solicitudes para esta beca valorada en 120.000 euros e cunha duración de 4 anos.







Recordamos que ACTUALMENTE CONTINUAMOS colaborando coa campaña de 2012-2013 dirixida a "ALBA A PROMESA" unha moza cunha lesión cerebral dexenerativa.



viernes, 4 de enero de 2013

Obradoiro de Pintura (Respiro Familiar)


OBRADOIRO DE PINTURA (RESPIRO FAMILIAR)

O sábado día 12 de Xaneiro ás 17:30 horas realizamos o noso "OBRADOIRO DE PINTURA".

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Con esta actividade procuramos que os rapaces teñan un espacio onde divertirse e que os pais teñan unhas horas para adicar a eles mesmos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Por favor confirmen a súa asistencia.

¡¡¡¡¡PASARANO PIPA!!!!!



Escola de Pais Xaneiro


ESCOLA DE PAIS


O vindeiro martes 8 de Xaneiro as 20:15 horas no noso local, levarase a cabo unha nova sesión da nosa "ESCOLA DE PAIS".

Abordarse un tema de interese para as familias, neste caso falaremos de INTELIXENCIA EMOCIONAL.

Nesta clase retomaremos o fío da anterior, e falaremos de:

- Canalizar os sentimentos.

- Motivación: emoción e valores en xogo.

- A empatía: Comprendendo os nosos fillos.


O longo da sesión manterase unha dinámica de diálogo e participación común, para que os participantes teñan un espazo para a reflexión.

Non dubidedes en asistir, ¡é completamente gratuíto!

¡¡¡¡ANIMARVOS!!!!

Para máis información contactar con nós: Tlf: 98194 63 19 // E-mail: aspanemi@gmail.com