lunes, 14 de enero de 2013

Campaña de Tapón Solidarios 2012-2013; "Alba a Promesa"


ENVIO DA CARGA DE TAPÓNS SOLIDARIOS PARA "ALBA A PROMESA" A PLANTA DE RECICLAXE



Hoxe, día 14 de Xaneiro de 2013, levouse a cabo a carga de tapóns no camión que os transportará á planta de reciclaxe RESERPLAS S.L. (Porriño). Previramos que roldariamos a cifra de tres toneladas e media de tapóns de plástico, polo espazo que estes ocupaban na nave, pero resultou que a cantidade foi maior á esperada, déronnos a cifra estimada de ¡¡¡SEIS TONELADAS!!!!

Recordámosvos que a campaña de tapóns solidarios 2012-2013 vai dirixida a  "ALBA A PROMESA", unha rapaza de 15 anos da comarca que sofre unha lesión cerebral dexenerativa que lle impide o cerebro madurar, esto débese á perda progresiva de Mielina (material que permite a comunicación eléctrica interneuronal) das neuronas e que afecta á motricidade, o desenvolvemento normal dos órganos e a visión (da cal nos últimos meses a perdido un campo visual do 30% no ollo dereito e un 40% no ollo esquerdo)

O quilo de tapóns se paga a 0.25 €, cantidade que se ingresa integramente nunha conta creada pola familia e que vai dirixida o tratamento médico de Alba. Entre o recaudado pola nosa Asociación e a xente que se encarga da Campaña de "Alba  a Promesa" en Cartagena (residencia actual da moza), alcanzamos a cifra ESTIMADA de 9,6 toneladas nos últimos tres meses e medio de campaña. De todos os xeitos isto é aínda insuficiente, posto que o tratamento de Alba é moi custoso.

Dende ASPANEMI queremos AGRADECER a todas aquelas persoas, familias, asociacións, entidades, empresas, comercios, colexios e institutos, concellos, etc, o seu compromiso para con esta campaña, decir que sen a vosa colaboración este resultado non sería posible, e pedirvos que continuedes con ese espírito, xa que hai moito traballo que facer... SEGUIMOS ADIANTE!!!




Deixámosvos aquí co equipo que fixo posible a carga de tapóns no transporte, formado por membros de ASPANEMI, familiares de Alba e voluntarios.










¡¡¡Bo traballo rapaces!!!







PODEDES SEGUIR PASO A PASO A CAMPAÑA DE TAPÓNS SOLIDARIOS 2012-2013, DIRIXIDA A "ALBA A PROMESA", NO NOSO FACEBOOK:


PARA MÁIS INFORMACIÓN DA CAMPAÑA:

TLF: 981 94 63 19 / E-MAIL: aspanemi@gmail.com

http://www.facebook.com/pages/Alba-tods-contigo/293802530708413?fref=ts


No hay comentarios:

Publicar un comentario