TAPÓNS SOLIDARIOS PARA UNHA BECA PREDOUCTOURAL
Deixámosvos aquí a reportaxe do Diario de Ferrol, no que se fala da Bolsa Predoutoral para a investigación da Ataxia-Telangiectasia, convocada pola AEFAT, e que é o resultado da recollida de tapóns da campaña de 2011-2012 na que ASPANEMI colaborou inténsamente coordinando a recollida de tapóns en Ferrol e Comarcas, acadando un total de 14 toneladas.
Grazas á campaña de reciclaxe solidaria de tapóns de plástico do curso pasado, AEFAT abre o prazo para presentación de solicitudes para esta beca valorada en 120.000 euros e cunha duración de 4 anos.
Recordamos que ACTUALMENTE CONTINUAMOS colaborando coa campaña de 2012-2013 dirixida a "ALBA A PROMESA" unha moza cunha lesión cerebral dexenerativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario