¡¡ACLARACIÓN IMPORTANTE!!
CAMPAÑA DE TAPÓNS DE ALBA A PROMESA.
CAMPAÑA DE TAPÓNS DE ALBA A PROMESA.
Dende ASPANEMI
queremos facer saber encanto ó envio de tapóns dende a nave de Amenadás en Narón
o pasado Luns 14 de Xaneiro, que a nosa Asociación non é a que recadou
integramente as 6 toneladas (estimadas) de tapóns para “ALBA
A PROMESA”, senon que somos un colaborador
máis da mesma e que a nosa misión é aumentar e coordinar a rede de colaboradores
solidaria e participativa, que xa había comezado a súa familia o pasado més de
Maio, así como axudar a familia a contactar cos medios, como xa fixemos o
pasado ano coa campaña de Tapóns Solidarios da AEFAT.
A Campaña
de “ALBA A PROMESA” comezou en
Cartagena (residencia actual da moza) promovida pola súa Familia e amigos,
e continuou
na Provincia da Coruña, máis concretamente en Narón e Comarcas, lugar
de onde é natural Alba e onde vive gran parte da súa familia.
Queremos
agradecer a todas aquelas persoas, familias, asociacións, entidades, empresas,
comercios, colexios e institutos, concellos, etc., o seu compromiso para con
esta campaña e moi especialmente resaltar
o traballo das avoas e bisavoas que son as que pasan xornadas completas clasificando
e almacenando os tapóns, e que son a BASE
FUNDAMENTAL de todo este traballo.
Por último, animar
a xente a continuar apoyando a campaña
de Tapóns Solidarios de “ALBA A PROMESA”, posto que queda moito por facer e
unha vida pola que loitar. Grazas a todos.
Enriba de estas lineas temos a Lela, a avoa da rapaza, na nave de Amenadás onde se acumulan os tapóns de todos os coolaboradores da campaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario