viernes, 30 de diciembre de 2011

ESTE NADAL REGALA BONECOS E BONECAS QUE FAVOREZAN A INTEGRACIÓN



BONECAS, pola integración

A infancia é o mellor momento para entender o valor da diversidade


Vanesa Cenjor del Rey · 29 de Diciembre de 2011

Nestos días de agasallos e peticións a Papá Noel e aos Reis Magos: ¿qué millor petición que un xoguete que ademáis de entreternos nos axude a eliminar prexuizos?

Xa sabemos que un neno é como "unha esponxa". Cualquer comportamento que teñan as persoas importantes no seu entorno asimilarano como normal e natural.

Por este motivo, educadores de primeira infancia de Berlín desenrrolaron un enfoque da educación cultural para mestres e coidadores infantís que traballan con nenos a partir de dous anos.O programa Kinderwelten usa narracións de historias e xogos de rol para axudar incluso aos nenos máis pequenos a adaptarse de forma positiva á diversidade étnica e racial, un compoñente cada vez máis presente na súa clase e comunidade.

Con esta iniciativa, ponse a disposición dos profesores bonecas con personalidades únicas e con características que, de algunha forma, diferénciana do grupo no seu conxunto. Cada boneca ten a súa propia biografía, incluíndo a súa historia familiar, os nomes dos seus pais e irmáns, así como unha serie de historias sobre cómo viveu situacións nas que se fora tratada de forma inxusta, burláranse dela ou fora excluída a causa das súas diferenzas.

O propósito destas bonecas é "visitar" a aula para compartir as súas historias co alumnado máis pequeno. Mestres con unha formación especial usan as bonecas como ferramenta para abrir a discusión sobre o feito de ser diferente, os sentimentos e as respostas dos nenos e, o que é máis importante, para fomentar a empatía polo que as bonecas poideran ter experimentado como consecuencia dun trato inxusto.

O enfoque basado na empatía é o que convirte en único o programa Kinderwelten.

Nesta misma liña de traballo dende a infancia, comercializouse a boneca " baby down"


HAI QUE SEGUIR TRABALLANDO POLO RESPECTO Á DIVERSIDADE



Hai que seguir traballando polo respeito á diversidade


Vanesa Cenjor del Rey · 29 de Diciembre de 2011

Xa se fixo nos anos 30 e... ¿Cuánto avanzamos?

Fai unhos días, un estudo en México demostrou que o respeto polos demáis tense que xestar dende a infancia.

Neste caso en particular, amosa de xeito gráfico como unha serie de nenos e nenas expresanos seus sentimientos hacia unboneco branco e un negro...

Esta investigación xa fora experimentada polo matrimonio de psicólogos afroamericanos e activos loitadores polos dereitos civis Kenneth e Mammie Clark a finais dos anos 30 en Estados Unidos, o que nos está a indicar que temos que facer algo para conseguir un cambio real nas xeracións futuras.

Si vedes o video, pouco máis hai que dicir, so que: queda traballo por facer

miércoles, 28 de diciembre de 2011

AS.PA.NE.MI. CONTRA OS RECORTES EDUCATIVOS.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS EN COLABORACIÓN CON AEFAT.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS EN COLABORACIÓN CON AEFAT.

CONVENIO CO CONCELLO DE FERROL

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/32903-ferrol-noticia

NOVO LOCAL


Dende o pasado 1 de xaneiro AS.PA.NE.MI., ten un novo local cedido polo concello de Narón e sito na rúa Mercedes Freire Lago número 4, baixo; na sala F do Local Social A Solaina, en Santa Icía.

RECOLLIDA SOLIDARIA DE TAPÓNS







Aqui vos deixamos unha mostra do éxito que está tendo a campaña de recollida de tapóns que puxemos en marcha a principio de decembro.

Grazas a todos e a todas, sin a vosa colaboración e solidariedade esta campaña sería imposible.
Ánimo e sigamos adiante!!!!!


CADEA SOLIDARIA

Un centro educativo de Monforte de lemos, recolle 70.000 tapóns de plástico e donaos a AEFAT, a través de AS.PA.NE.MI.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS EN COLABORACIÓN CON AEFAT.

AS.PA.NE.MI. súmase á campaña de reciclaxe de “tapóns de plástico solidarios” promovida por AEFAT (Asociación Española Familia Ataxia Telangiectasia).
Trátase dunha campaña de reciclaxe solidario que ten como obxetivo recadar fondos para a investigación e tratamento da Ataxia Telangiectasia, enfermidade rara da que constan doce casos en toda España, pero podería haber sobre vintecinco-trinta. A incidencia estímase en un por cada 10.000 nacimentos
Sonia, diagnosticada de Ataxia Telangiectasia, é una nena de dez anos que forma parte de AS.PA.NE.MI. e é un deses 12 casos recoñecidos en toda España.
A Ataxia Telangiectasia é unha enfermidade rara, xenética e hereditaria (non contaxiosa) que se caracteriza pola ATAXIA, que afecta ao cerebelo e que implica problemas de movemento e da coordinación muscular; así como, inmunodeficencias traducidas en infeccións recorrentes, xeneralmente respiratorias. Tamén caracterízase por TELANGIECTASIAS en ollos e pel; predisposición a desenrrolar cancros, entre outros síntomas.
É unha enfermidade difícil de diagnosticar, os síntomas poden aparecer sobre os dous anos de idade, pero é habitual confundilos cos doutras enfermidades, o que supón que, en moitos casos, non se diagnostique ata a adolescencia.
A día de oxe non existe tratamento, ao non haber investigación abondo; por iso AEFAT, coa axuda de AS.PA.NE.MI., pon en marcha na bisbarra de Ferrolterra a recollida de tapóns para recadar fondos destinados á investigación en A-T.
O que pretende AEFAT, coa colaboración de AS.PA.NE.MI., é crear unha rede de colaboradores e colaboradoras que depositen os tapóns de plástico en puntos de recollida e para iso solicitamos a colaboración de todos e todas.
AS.PA.NE.MI. quere poñer en marcha esta iniciativa, na bisbarra de Ferrolterra, para colaborar con AEFAT e apoiar así a Sonia. Con este tipo de colaboración foméntase a solidariedade e o traballo en equipo, ademáis de fomentar a reciclaxe ambiental e dar a coñecer a existencia de enfermidades raras, particularmente a ATAXIA TELANGIECTASIA.
A campaña non ten unha duración prederminada, vai depender da colaboración que teñamos e das dificultades ou inconvintes que nos atopemos. As investigacións, como todos sabedes, son custosas e precisan dunha gran financiación que ata o momento non se ten.
Neste momento, AEFAT, está xestionando un biobanco a nivel nacional no que se depositan mostras de ADN dos casos recoñecidos en España con fin investigador.
Por todo o anterior, reiteramos a petición de colaboración para poñer en marcha este proxecto e apoiar a Sonia e a AEFAT na loita por acadar fondos para a investigación da enfermidade. AS.PA.NE.MI xa está a colaborar, así como moitas empresas, centros educativos e persoas anónimas.
Dende AS.PA.NE.MI., esperamos a colaboración de todos e todas, moitas grazas



VIAXE A NEVE


Como todos os anos, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova viaxe á estación de ski de San Isidro, en León.
A saída está prevista para o día 13 de xaneiro con retorno o domingo 15.
Como todos e todas sabedes o que se pretende con esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte skiando e que coñezan un entorno diferente.
Para poder levar á práctica esta actividade AS.PA.NE.MI., aluga material de ski adaptado ás necesidades das persoas usuarias e pon a disposición de que o precise un monotor ou monitora.
Se a alguén quere experimentar unha fin de semana na neve......todavía queda algunha praza; ponte en contacto con nós!!!!!