viernes, 30 de diciembre de 2011

ESTE NADAL REGALA BONECOS E BONECAS QUE FAVOREZAN A INTEGRACIÓN



BONECAS, pola integración

A infancia é o mellor momento para entender o valor da diversidade


Vanesa Cenjor del Rey · 29 de Diciembre de 2011

Nestos días de agasallos e peticións a Papá Noel e aos Reis Magos: ¿qué millor petición que un xoguete que ademáis de entreternos nos axude a eliminar prexuizos?

Xa sabemos que un neno é como "unha esponxa". Cualquer comportamento que teñan as persoas importantes no seu entorno asimilarano como normal e natural.

Por este motivo, educadores de primeira infancia de Berlín desenrrolaron un enfoque da educación cultural para mestres e coidadores infantís que traballan con nenos a partir de dous anos.O programa Kinderwelten usa narracións de historias e xogos de rol para axudar incluso aos nenos máis pequenos a adaptarse de forma positiva á diversidade étnica e racial, un compoñente cada vez máis presente na súa clase e comunidade.

Con esta iniciativa, ponse a disposición dos profesores bonecas con personalidades únicas e con características que, de algunha forma, diferénciana do grupo no seu conxunto. Cada boneca ten a súa propia biografía, incluíndo a súa historia familiar, os nomes dos seus pais e irmáns, así como unha serie de historias sobre cómo viveu situacións nas que se fora tratada de forma inxusta, burláranse dela ou fora excluída a causa das súas diferenzas.

O propósito destas bonecas é "visitar" a aula para compartir as súas historias co alumnado máis pequeno. Mestres con unha formación especial usan as bonecas como ferramenta para abrir a discusión sobre o feito de ser diferente, os sentimentos e as respostas dos nenos e, o que é máis importante, para fomentar a empatía polo que as bonecas poideran ter experimentado como consecuencia dun trato inxusto.

O enfoque basado na empatía é o que convirte en único o programa Kinderwelten.

Nesta misma liña de traballo dende a infancia, comercializouse a boneca " baby down"


No hay comentarios:

Publicar un comentario