miércoles, 31 de diciembre de 2014

Axuda social

Aquí tendes información importante sobre unha axuda social anunciada pola Xunta para pensionistas de xubilación e invalidez, persoas perceptoras das pensións do Fondo de Asistencia Social e persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos..

Tratase dunha axuda extraordinaria de 206 euros, que se aboarán sen que se precise solicitude da persoa interesada.

Para máis información e dúbidas que poidades ter déixovos o enlace ao Diario Oficial de Galicia onde aparece publicado.

Que teñades un feliz aninovo 


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141230/AnuncioCA05-261214-0015_gl.html

lunes, 29 de diciembre de 2014

APALPADOR martes 30

Acabamos de recibir unha chamada moi especial na asociación.

¡ O APALPADOR VAI VIR Á ASPANEMI O MARTES 30 ÁS 18:30 !

Comentounos que tódolos nenos de aspanemi así coma os doutras asociacións e os seus amigos están convidados a esta reunión
que se realizará na Sala 1-2.

Haberá agasallos para os asistentes.

¡ Vémonos alí ! 

https://www.youtube.com/watch?v=JmAfI4ucKJc

viernes, 19 de diciembre de 2014

miércoles, 17 de diciembre de 2014

BO NADAL

Aquí temos a felicitación do nadal dende COGAMI, confiamos en que vos guste o vídeo tanto coma a nós :)

https://www.youtube.com/watch?v=z69CLFl1CYk&list=UUMtfwq6ZWPxWusxgwUuciJQ&index=3

lunes, 15 de diciembre de 2014

Aparcamento Mobilidade Reducida

Hoxe vos mandamos anexa unha nova sobre as tarxetas de aparcamento para as persoas con mobilidade reducida.

A novidade é a posibilidade de aparcar en todo o territorio español e non só no municipio no que se resida.

Esperamos que vos sexa de utilidade 


http://www.afundacion.org/es/socialia/noticia/nuevas_tarjetas_de_aparcamiento_para_personas_con_movilidad_reducida

Día da Diversidade Funcional



Aquí tendes o enlace ao día da Diversidade Funcional do pasado venres.

Unha actividade chea de boas intencións e de entusiasmo na que esperamos houbésedes pasado un bo dia connosco.

E procuremos recordar o lema a diario:

"A diversidade ten dereitos"

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/dia-diversidad-funcional-odeon/20141212220601109680.html

sábado, 13 de diciembre de 2014

NOVA ETAPA


¡HASTA PRONTO!

Acaba un ciclo. Durante un año he estado con vosotros trabajando, formándome, aprendiendo, conociendo otras realidades... Por mi parte he intentado que crecierais como personas (grandes y niños, con discapacidad y sin discapacidad) y como asociación.

En resumen: ha sido un gran placer.

Como os dije en mi última Escuela de Padres: Tened orgullo. Orgullo de ser quienes y como sois, padres y madres estupendos de hijos e hijas también estupendos. Personas fuertes y luchadoras que día a día se enfrentan a un sin fin de adversidades, problemas, a las que se les marcan limitaciones y aún así siguen adelante. Pensad en objetivos, como os dije, no en límites. Id conquistándolos uno tras otro, poco a poco, y os asombraréis de lo lejos que habéis llegado. Y no os quedéis en la inclusión en un sentido unidireccional donde solo se ve el beneficio en la persona con discapacidad. Beneficio para los demás, que tenemos la suerte de estar con ellas y aprender de ellas, compartiendo actividades, inquietudes, ilusiones, tiempo...

Para mí ha sido una gran experiencia de vida y sé que me voy con muchos más amigos, por eso no digo adiós sino... Hasta pronto!


    

miércoles, 3 de diciembre de 2014

DÍA A CELEBRAR


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Nun día onde parece que só teñamos que fixarnos nas cousas que nos fan diferentes uns aos aoutros, por que non facer o contrario?: fixémonos no que todos nós somos... TODOS SOMOS PERSOAS, TODOS SOMOS CAPACES.

FELIZ DÍA PARA TODOS!



lunes, 1 de diciembre de 2014