miércoles, 27 de marzo de 2013

Asamblea Ordinaria Socios 2013


ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2013



Recordamos os nosos socios que tal como se comunicou por correo postal, están convocados á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar no local da asociación o día 4 de abril de 2013, ás 19:00 h. en 1 ª convocatoria e ás 19:30 en 2ª convocatoria, co seguinte ORDE DO DÍA:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2.- Lectura e aprobación, se procede, da Memoria 2012.
3.- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de contas 2012.
4.- Lectura e aprobación, se procede, do Presuposto para o exercicio 2013.
5.- Lectura e aprobación, se procede, do Programa de actividades de 2013.
6.- Renovación de cargos.
7.- Rogos e preguntas.

¡¡ESPERÁMOSVOS!!

Para máis información contactade con nos a través do noso blogFacebook, e-mail: aspanemi@gmail.com o al Tlf: 981946319


Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


ESQUÍ ADAPTADO MARZO 2013


O pasado domingo 24 de Marzo voltaron os nosos rapaces da última viaxe de esquí adaptado de este ano 2013. Foi unha fermosa convivencia chea de anécdotas e moita diversión. Deixámosvos aquí unhas poucas fotos desta fabulosa viaxe.

A saída do bus foi ás 16:00 horas do venres 22 de Marzo. O grupo de 20 persoas que formaron parte desta convivencia estaba composto por persoas con discapacidade física e intelectual e as súas familias. O que se pretende con esta viaxe (que durou todo o fin de semana) e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente xunto as súas familias, a máis de ser unha actividade que favorece a súa inclusión, posto que neste tipo de convivencias avogamos por integrar as persoas con discapacidade en entornos novos para eles.



O Programa de Esquí Adaptado 2013 é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no marco do Convenio 2013


viernes, 22 de marzo de 2013

Obradoiros Diversidade Funcional


GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL
DE FERROL PRESENTA OS SEUS OBRADOIROS PARA 2013


Nosos amigos do "Grupo Diversidade Funcional de Ferrol", están a ofertar uns obradoiros moi interesantes.

Os interesados podedes ter máis información dos mesmos chamando o 981 930 544, ou escribindo un correo electrónico a: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com.




miércoles, 20 de marzo de 2013

Emerxencia APASCIDE

SITUACIÓN DE EMERXENCIA EN APASCIDE




Dende AS.PA.NE.MI. queremosvos informar sobre APASCIDE (Asociación Española de Padres de Sordociegos) que actualmente ve comprometida a súa actividade o sufrir graves recortes sobre as subvencións que a manteñen. Pregamos compartades cos vosos contactos para divulgar a precaria situación dunha Asociación tan singular que se non se producen cambios, veráse obrigada a pechar as súas portas. Deixámosvos información da mesma.

RESUMEN INFORMATIVO:


APASCIDE, xurdiu da necesidade de sensibilizar tanto as administracións públicas como á sociedade en xeral respecto á singularidade da sordoceguera como minusvalía específica e así dar resposta ás necesidades que se lles formulan ás familias con fillos sordociegos.  fundóuse en 1991, por un grupo de pais reunidos na I Conferencia Nacional de Pais de Sordociegos.


APASCIDE, Asociación Española de Pais de Sordociegos é unha organización sen ánimo de lucro, legalmente constituída en 1991. Está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior co número 104.483. Foi declarada de Utilidade Pública polo Mº del Interior o 4 de abril de 2006, e conta co Certificado de Transparencia e Boas Prácticas da Fundación Lealdade.

misión da entidade é conseguir o benestar e a integración dentro da sociedade das persoas con sordoceguera e das súas familias, e facilitar que as persoas con sordoceguera poidan desenvolver ao máximo as súas capacidades e levar unha vida digna e plena.





Entrevista ABC


ABC ENTREVISTA AS NAIS DE ASPANEMI


Deixámosvos a continuación unha interesante entrevista que realizóu o ABC a catro das nosas nais, e que se publicou en devandito periódico a pasada semana. 

Nela se fala da adversidade, da loita e da creación dunha asociación idea para os seus fillos que actualmente ten 16 anos de traxectoria.



Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


A VIAXE A NEVE XA ESTÁ CERCA



Recordámosvos que este VENRES 22 de MARZO, imos á NEVE!!! A saída do autobús será ás 16:00 horas do venres detrás do antigo concello de Narón.

Importante para os usuarios: Levar sacos de durmir (para aqueles que non aluguen sabas no albergue), toallas, roupa de abrigo impermeable, luvas, crema solar e lentes de sol.

E o máis importante que tedes que levar:


GANAS DE PASALO BEN!!!





XA NON QUEDA NADA!!!

O Programa de Esquí Adaptado 2013 é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no marco do Convenio 2013



lunes, 18 de marzo de 2013

Banco de Alimentos en Ferrol


CREASE UN BANCO DE ALIMENTOS DE EMERXENCIA SOCIAL EN FERROL


O movemento STOP Desafiuzamentos,fai un chamamento para crear un BANCO DE ALIMENTOS DE EMERXENCIA SOCIAL.

Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc..

Os locais habilitados polo momento para a recollida destes alimentos son:

  • Asociación Lazos Pro-Solidariedade

Dirección: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, Ferrol
Horario: Lúns a Venres de 09:00 a 14:00hs.

  • Asociación Cultural "Fuco Buxán"

Enderezo: Rúa Armada Española n.º 32, Ferrol
Horario: Mércores de 11:30 a 13:00hs.

  • Tenda de Troco (Armeria Soc. Coop. Galega)
Enderezo: Parte traseira do Mercado de Caranza
Horario: Lúns, Mércores e Venres de 11:00 a 13:00
Lúns, Mércores e Xoves de 17:00 a 20:00hs.

  • Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos"
Enderezo:: Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2, (Vivendas As Rosas de Caranza), Ferrol. Para deixar axudas a calquer hora mais antes chamar por telefono ao coordenador (André) ao telefono 605455340.

  • Esquerda Unida Ferrol
Enderezo: Sol, 124, entrechán esquerda
Horario: Mércores de 18:00 a 20:00hs.


Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra:









viernes, 15 de marzo de 2013

Programas familiares do Concello de Narón


PROGRAMA CONCILIAESCOLA 

(CONCELLO DE NARÓN)


A Concellería de Igualdade do Concello de Narón, abriu o pasado luns 11 de Marzo o prazo de inscrición para o programa ConciliaEscola. Hai de prazo ata o día 16 de marzo para apuntar ós seus fillos/as neste programa, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo no parque temático Aldea Nova (Sedes). Pódese formalizar a inscrición no Servicio Sociocomunitario Municipal
(1º andar do Concello), ou ben no teléfono
981 33 77 00 - extensión 1113.

As actividades educativas que se realizarán dentro do programa ConciliaEscola son as seguintes: xogos tradicionais, Enerxías Renovables, Astronomía, Pegadas, rastros e sinais, Agroecoloxía, Supervivencia, Cometas, etc.




viernes, 8 de marzo de 2013

Día da Muller 2013


DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES



Hoxe 8 de marzo de 2013 conmemórase o Día Internacional da Muller como homenaxe á súa loita por alcanzar a igualdade respecto ao home, tanto na súa integración na sociedade coma no seu desenvolvemento íntegro como persoa. O tema deste ano céntrase na violencia de xénero, baixo o lema «Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para rematar coa violencia contra as mulleres».


Dende AS.PA.NE.MI. queremos mostrar o noso apoio e admiración a todas as mulleres e en especial a aquelas que conviven día a día coa discapacidade delas mesmas ou da súa familia.



Un día o ano festexamos a nosa loita, os 364 días restantes loitamos. 
¡Feliz día da Muller!


miércoles, 6 de marzo de 2013

Aquaterapia 2012-2013

   AQUATERAPIA 

AVISO INFORMATIVO


Recordamos os usuarios de AQUATERAPIA que este VENRES 8 de MARZO se reanuda a actividade, despois do parón da semana pasada. Acordádevos de que remitirvos o persoal de recepción, posto que por motivos de mantemento das instalacións os levarán a outra das piscinas da zona de Talaso. O seguinte venres máis xa volveredes ó complexo orixinal.

Se tendes algunha dúbida contactade con nos vía e-mail: aspanemi@gmail.comFACEBOOK ou 
a través do teléfono da entidade 981 946 319.


Para todos aqueles que ainda non saben o que é a acuaterapia e onde se realiza, deixámosvos aquí un video informativo das instalación onde se leva a cabo.

martes, 5 de marzo de 2013

Tapones Solidarios 2012-2013


CAMPAÑA ALBA LA PROMESA


Cantidade de tapóns seleccionados e almacenados na nave de Amenadás (NARÓN) dende o 14 de Xaneiro (día do envío de tapóns á planta de reciclaxe de Porriño) ata o día de hoxe. Isto é posible grazas a todos os colaboradores da Campaña de ALBA A PROMESA e ao esforzo inestimable da súa familia e amigos.





¡¡¡SEGUIR XUNTANDO TAPÓNS!!!



 Fotografías tomadas na nave de Amenadás, cedida polo Concello de Narón.



lunes, 4 de marzo de 2013

Obradoiro de Pintura (Respiro Familiar)


OBRADOIRO
DE PINTURA 
(RESPIRO FAMILIAR)


Este sábado día 9 de MARZO ás 17:30 horas realizamos o noso  OBRADOIRO DE PINTURA"

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Por favor confirmen a súa asistencia. 981 946 319 / apanemi@gmail.com


viernes, 1 de marzo de 2013

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


ULTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO ESQUÍ ADAPTADO E FAMILIAR


Recordámosvos que ASPANEMI está a organizar unha nova viaxe á Estación de Esquí de San Isidro (León). A saída está prevista o 22/03/2013 con regreso o 24/03/2013 á tarde.

Xa que nos faltan un par de prazas para encher a cota de usuarios ABRIMOS a convocatoria a persoas NON SOCIAS, non é preciso que teñan discapacidade.




Para máis información podedes entrar no noso Facebook ou contactar directamente connosco vía teléfono: 981 946 319, correo electrónico: aspanemi@gmail.com ou por mensaxe no blog.

ANIMARVOS!!!



O Programa de Esquí Adaptado 2013 é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no Convenio 2013