Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)
ESQUÍ ADAPTADO MARZO 2013

O pasado domingo 24 de Marzo voltaron os nosos rapaces da última viaxe de esquí adaptado de este ano 2013. Foi unha fermosa convivencia chea de anécdotas e moita diversión. Deixámosvos aquí unhas poucas fotos desta fabulosa viaxe.
A saída do bus foi ás 16:00 horas do venres 22 de Marzo. O grupo de 20 persoas que formaron parte desta convivencia estaba composto por persoas con discapacidade física e intelectual e as súas familias. O que se pretende con esta viaxe (que durou todo o fin de semana) e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente xunto as súas familias, a máis de ser unha actividade que favorece a súa inclusión, posto que neste tipo de convivencias avogamos por integrar as persoas con discapacidade en entornos novos para eles.
O Programa de Esquí Adaptado 2013 é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no marco do Convenio 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario