miércoles, 30 de abril de 2014

CAMPAÑA SANITARIA


CAMPAÑA  DE  DOAZÓN  DE  SANGUE

      A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia fixo un chamamento ás persoas donantes de sangue e de médula ósea ante a proximidade da ponte festiva de maio co fin de cubrir as posibles necesidades sanitarias.

    Rocío Mosquera, a conselleira, señalou que "se necesitan 500 unidades de sangue diarias" e que é "importante que os cidadáns se animen a participar nas campañas de doazón".

    Lembramos que calquera de nós nun momento determinado, por operación cirúrxica, accidente, enfermidade... podemos necesitar da xenerosidade dos demais. Sexamos nós tamén xenerosos!




OBRADOIRO DE PINTURA


OBRADOIRO  DE  PINTURA - MAIO

     Por mor da celebración o próximo día 1 de maio, xoves, do Día do Traballo e pensando na posibilidade de que algúns de vós fagades unha ponte festiva, pensamos na asociación que sería mellor retrasar o obradoiro de pintura para a vindeira fin de semana, é dicir, para o sábado día 10.

     A actividade realizarase coma sempre nun horario de 17 a 20h e nos baixos do Local Social da Solaina, en Santa Icía. Nesta ocasión o obradoiro terá como tema motivacional: "Maio, mes das flores".

     Logo da actividade, xa sabedes que haberá unha boa merenda para todos/as os/as participantes.



                       





                         
    

martes, 29 de abril de 2014

SAÍDA FAMILIAR



ACTIVIDADE DEPORTIVA


CURSO  DE  VELA

     Dende COGAMI chéganos a nova de que este verán van dar continuidade ao "Programa de Lecer Náutico" que iniciouse o ano pasado en colaboración co Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre co obxectivo de achegar o deporte da vela ás persoas con discapacidade.

    Este programa inclúe a estancia na residencia AIXIÑA de Sanxenxo, o curso de vela lixeira (20 h) en horario de mañá (de 11 a 15h) e a posibilidade de organizar diferentes actividades pola tarde para as persoas usuarias.

     Hai que organizar grupos de 4, 8, 12 ou 16 participantes e tanto o curso coma o aloxamento e o desprazamento do grupo (ida do primeiro día e volta do último) están financiados, polo que os/as participantes só terán que aboar os custos para cubrir gastos de manutención que establécense en 30€ por persoa e día, polo que isto supondrá un custo total para cada usuario/a de 150€.

     A actividade organizarase en diferentes quendas, dende o 1 de xuño ao 12 de setembro e de domingo a venres. Haberá unha quenda especial no marco da Regata Corte Inglés Master (do 12 ao 15 de setembro), totalmente gratuíta para os/as participantes seleccionados/as entre os/as mellores navegantes de cada quenda e que terán a oportunidade de competir nesta regata.

    O prazo límite para inscribirse remata este venres 2 de maio e se queredes máis información sobre datas, organización, ficha de inscrición, posibilidade de participar sen ter grupo establecido... poñédevos en contacto con COGAMI á maior brevidade no 647.861334 (preguntade por María Acuña) ou no mail lecer@cogami.es.

     

     

      

ACTIVIDADES


OBRADOIRO  DE  COMUNICACIÓN

     Lembramos que a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) organiza para este venres un Obradoiro de Comunicación sobre "Lectura Fácil", unha técnica de redacción e publicación orientada a facer accesible os contenidos a persoas con discapacidade intelectual e con dificultades de comprensión lectora.

      A actividade levarase a cabo pola tarde, de 17 a 20 h aproximadamente e será impartida pola psicóloga Mercedes Alonso López, experta en comunicación, nos locais da asociación da R/ Colón esquina Mendizábal B/4, P/5, baixos 38-39, en Esteiro. Lembrade que trátase dun obradoiro totalmente gratuíto.

   Para máis información podedes contactar con DIVERFFEC nos números de teléfono 981.930544 ou 620.585450 ou na dirección de mail diversidadefuncionalferrol@hotmail.com e tamén pasando pola sede da entidade.















lunes, 28 de abril de 2014

ACTIVIDADES


PROGRAMA  DE  VACACIÓNS  2014

     A Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) fainos chegar o seu Programa de Vacacións IMSERSO-COCEMFE para o ano 2014, con posibilidade de escoller destinos vacacionais nas praias (Andalucía, Levante, as illas...), nas zonas de interior (Madrid, Asturias, Lérida) ou ben nun balneario (Pontevedra).

     As condicións xerais principais para poder beneficiarse deste programa de vacacións son ser unha persoa cun grado de discapacidade física ou orgánica igual ou supeior ao 33% (tendo prioridade as que superen o 50%), ter máis de 16 anos e levar un acompañante se necesítase cadeira de rodas ou axuda para levar a cabo as actividades básicas da vida diaria.

     Para máis información sobre condicións, documentación a aportar, destinos... podedes visitar a páxina web de COCEMFE.



viernes, 25 de abril de 2014

ACTIVIDADES


FORMACIÓN  PARA  TODOS

     Dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) chéganos información sobre dúas actividades que están a organizar e que poden ser do voso interese:

- Obradoiro de Comunicación: será o próximo día 2 de maio, venres, de 17 a 20h, aproximadamente, e estará impartido pola psicóloga, experta en comunicación, Mercedes Alonso López. Esta actividade é totalmente gratuíta e nela colaboran a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol.

- I Seminario de Comunicación 2.0 e Redes Sociais: celebrarase os días 5 e 12 de maio, luns, cun horario de 17 a 20 h e será impartido por María José Barceló Morado, licenciada en Marketing. Esta actividade conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e ten un custo de 5€, entregándose un diploma acreditativo da participación na mesma.

      As prazas son limitadas polo que recomendamos que fagades a vosa reserva canto antes. Podedes para iso chamar aos números de teléfono 981.930544 e 698.183808, mandar un mail á dirección diversidadefuncionalferrol@hotmail.com ou ben pasar pola asociación na R/ Colón esquina con Mendizábal B/14, P/5, Baixos 38-39, de Esteiro, en Ferrol.






jueves, 24 de abril de 2014

ARTIGO DE INTERESE


PROBLEMÁTICA  DO  065

     No Diario de Ferrol, na súa edición de hoxe día 24 de abril, e na súa páxina 9, volve a retomar o tema da concesión do servizo de apoio á mobilidade para as persoas con discapacidade, o 065. 

     Ata agora o concurso permanece deserto e cóntase cun prazo de oito días máis para que as empresas que poidan estar interesadas presenten as súas ofertas no rexistro da Xunta.

     Pensamos que este é un tema de especial interese para todos nós, pois unha eventual desaparición deste servizo de transporte adaptado podería levar consigo grandes problemas para as familias con algún membro en situación de discapacidade.



martes, 22 de abril de 2014

NOVA LEXISLACIÓN


LEXISLACIÓN  DE  INTERESE

     O Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad publica no Boletín Oficial do Estado, no seu número 97, de data 22 de abril de 2014, a resolución do 28 de marzo do Instituto de Mayores y Servicios Sociales, pola que se convocan subvencións para as actuacións de turismo e termalismo para persoas con discapacidade durante o ano 2014.

     Para máis información, podedes clickar no seguinte enlace:


ACTIVIDADE



NOVA LEXISLACIÓN


LEXISLACIÓN  DE  INTERESE

   Dende a asociación damos difusión as seguintes novas legais agardando que vos poidan ser de axuda:

   - No DOGA núm. 73, do pasado mércores 15 de abril, publicouse a orde do 4 de abril da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2014. 
     Se queredes máis información, podedes clickar en: 
                              Axudas_Asociacións_Pais_CEE

     - No DOGA núm. 75, de data luns 21 de abril, publicouse a orde do 8 de abril da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede a súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do programa para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.
     Se vos interesa ampliar a información, clickade no seguinte enlace:
             Subvencións_Mantemento_Posto_Traballo_Persoas_Discapacidade



     

martes, 15 de abril de 2014

ARTIGO DE INTERESE


ALERTA  SANITARIA  COA  VACUNA  DO  PAPILOMA  HUMANO

     Por pensar que pode ser do voso interese, facémonos eco dende a asociación dun artigo publicado hoxe no Faro de Vigo sobre unha alerta sanitaria coa vacuna do papiloma humano.

     Nos EEUU contabilízanse 157 mortes vinculadas á administración de dita vacuna e en España estase a pedir, coma xa se fixera en Xapón, que se deixe de aplicar polas súas reaccións adversas.



viernes, 11 de abril de 2014

NOVA LEXISLACIÓN


LEXISLACIÓN  DE  INTERESE

No DOGA núm. 64, do pasado mércores día 2 de abril, publicáronse dúas ordes que poden ser do voso interese:

- Orde do 20 de marzo, da Consellería de Cultura, Deporte e Ordenación Universitaria,pola que se establece o procedemento de concesión de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios no curso académico 2013/14, nas universidades do sistema universitario de Galicia,que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

                           Para máis información podedes clickar no enlace:                         Axudas_Universidade_Condicións_Sobrevidas

- Orde do 27 de marzo, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se modifica a orde do 2 de xaneiro do 2012, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Para máis información, clickade no seguinte enlace:

Agardamos dende a asociación que a difusión destas novas legais poida ser de utilidade para todos vós.


martes, 8 de abril de 2014

CONVOCATORIA CAMPAMENTOS



OFERTA DE PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

     O pasado mércores, día 26 de marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de Verán-2014 e se procede a súa convocatoria.

    Se queredes máis información podedes clickar aquí:

             




lunes, 7 de abril de 2014

OBRADOIRO DE PINTURA ABRIL


TEMOS  GRANDES  ARTISTAS!

     Como xa todos vós sabedes, este pasado sábado día 5 de abril houbo, nos baixos do Local Social da Solaina, unha nova ocasión para que os nosos nenos e nenas disfrutaran dunha tarde diferente deixando voar a súa imaxinación.

     Logo do esforzo tamén puideron merendar para repoñer forzas e xogar todos xuntos.

     Este mes, ao estar xa preto a festividade da Pascua, a actividade proposta era debuxar e pintar coellos e ovos de Pascua. Aquí tedes unha mostra da súa creatividade.





ARTIGO DE INTERESE


PROBLEMÁTICA  DO  065

     Damos repercusión desde a asociación ao artigo publicado este pasado sábado día 5 de abril na Voz de Ferrol sobre a continuidade da empresa adxudicataria do servizo do 065 hasta o vindeiro 30 de abril. Pensamos que pode ser do voso interese.



  

martes, 1 de abril de 2014

ARTIGO DE INTERESE



PROBLEMÁTICA  DO  065

     Facémonos eco do artigo publicado hoxe no Diario de Ferrol sobre o mantemento do servizo do 065 durante o mes de abril.