FORMACIÓN PARA TODOS
Dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) chéganos información sobre dúas actividades que están a organizar e que poden ser do voso interese:
- Obradoiro de Comunicación: será o próximo día 2 de maio, venres, de 17 a 20h, aproximadamente, e estará impartido pola psicóloga, experta en comunicación, Mercedes Alonso López. Esta actividade é totalmente gratuíta e nela colaboran a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol.
- I Seminario de Comunicación 2.0 e Redes Sociais: celebrarase os días 5 e 12 de maio, luns, cun horario de 17 a 20 h e será impartido por María José Barceló Morado, licenciada en Marketing. Esta actividade conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e ten un custo de 5€, entregándose un diploma acreditativo da participación na mesma.
As prazas son limitadas polo que recomendamos que fagades a vosa reserva canto antes. Podedes para iso chamar aos números de teléfono 981.930544 e 698.183808, mandar un mail á dirección diversidadefuncionalferrol@hotmail.com ou ben pasar pola asociación na R/ Colón esquina con Mendizábal B/14, P/5, Baixos 38-39, de Esteiro, en Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario