OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN
Lembramos que a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) organiza para este venres un Obradoiro de Comunicación sobre "Lectura Fácil", unha técnica de redacción e publicación orientada a facer accesible os contenidos a persoas con discapacidade intelectual e con dificultades de comprensión lectora.
A actividade levarase a cabo pola tarde, de 17 a 20 h aproximadamente e será impartida pola psicóloga Mercedes Alonso López, experta en comunicación, nos locais da asociación da R/ Colón esquina Mendizábal B/4, P/5, baixos 38-39, en Esteiro. Lembrade que trátase dun obradoiro totalmente gratuíto.
Para máis información podedes contactar con DIVERFFEC nos números de teléfono 981.930544 ou 620.585450 ou na dirección de mail diversidadefuncionalferrol@hotmail.com e tamén pasando pola sede da entidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario