martes, 9 de mayo de 2017

Viaxe a Allariz 24 e 25 de xuño 2017


Ola a todos e todas! O vindeiro xuño realizaremos a tradicional Convivencia de ASPANEMI en Allariz. Será a fin de semana do 24 e 25. Chegarase a alí o sábado ás 12 da mañá e voltarase o domingo despois de comer (o desprazamento realizarase en coches particulares). Ten un custo de 35/persoa, que inclúe aloxamento e a comida e a cea do sábado e a comida do domingo (en función das actividades que se realicen e o número de asistentes o prezo pode variar 3-5€). Para máis información e/ou inscripcións: aspanemi@gmail.com / 981946319 . Boa tarde!

lunes, 8 de mayo de 2017


O pasado sábado 6 de maio tivemos o noso obradoiro de pintura mensual; no que as flores foron as protagonistas. Fixemos unhas moi persoais que nos serviron de agasallo para o día nai, xogamos, bailamos, merendamos...pero sobre todo divertímonos moitísimo! Ademais, puidemos darlles á benvida a dúas novas voluntarias: Carlota e Cris benvidas! Moitas grazas pola vosa axuda a vós, a Carol, e a esos pais e nais que sempre botan unha man! Vémonos na próxima!

jueves, 4 de mayo de 2017






O vindeiro sábado 6 de maio levarase a cabo o obradoiro mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) de 17:00 a 20:00 horas  no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.

Os nenos e nenas que asistan poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas enfocadas á celebración dos maios: elaboración de diferentes manualidades baseadas nas flores, así coma cancións relacionadas. Logo, realizaremos diferentes técnicas de dinámicas de grupo. Ó rematar, reporemos forzas merendando.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a nosa actividade, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena.