martes, 29 de abril de 2014

ACTIVIDADE DEPORTIVA


CURSO  DE  VELA

     Dende COGAMI chéganos a nova de que este verán van dar continuidade ao "Programa de Lecer Náutico" que iniciouse o ano pasado en colaboración co Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre co obxectivo de achegar o deporte da vela ás persoas con discapacidade.

    Este programa inclúe a estancia na residencia AIXIÑA de Sanxenxo, o curso de vela lixeira (20 h) en horario de mañá (de 11 a 15h) e a posibilidade de organizar diferentes actividades pola tarde para as persoas usuarias.

     Hai que organizar grupos de 4, 8, 12 ou 16 participantes e tanto o curso coma o aloxamento e o desprazamento do grupo (ida do primeiro día e volta do último) están financiados, polo que os/as participantes só terán que aboar os custos para cubrir gastos de manutención que establécense en 30€ por persoa e día, polo que isto supondrá un custo total para cada usuario/a de 150€.

     A actividade organizarase en diferentes quendas, dende o 1 de xuño ao 12 de setembro e de domingo a venres. Haberá unha quenda especial no marco da Regata Corte Inglés Master (do 12 ao 15 de setembro), totalmente gratuíta para os/as participantes seleccionados/as entre os/as mellores navegantes de cada quenda e que terán a oportunidade de competir nesta regata.

    O prazo límite para inscribirse remata este venres 2 de maio e se queredes máis información sobre datas, organización, ficha de inscrición, posibilidade de participar sen ter grupo establecido... poñédevos en contacto con COGAMI á maior brevidade no 647.861334 (preguntade por María Acuña) ou no mail lecer@cogami.es.

     

     

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario