miércoles, 19 de noviembre de 2014

ARTIGO DE INTERESE



MENOS APOIO PARA UN ALUMNO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

Tal e como publica o Diario de Ferrol nun artigo editado este derradeiro sábado, un alumno do CIFP Ferrolterra con discapacidade auditiva vai ver como o intérprete de linguaxe de signos, que axudábalo ata agora tódolos días, só poderá estar con el e facilitarlle a comprensión das súas clases dous veces á semana, pois este especialista deberá atender tamén as necesidades surxidas noutro instituto, o IES Leixa, cun evidente prexuízo para o primeiro alumno, que desenvolve gran parte da súa actividade do ciclo en talleres.

Agardamos dende a nosa entidade que esta medida finalmente non sexa levada a cabo e os alumnos con discapacidade auditiva poidan ter un acceso á educación como tódolos demais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario