CONCESIÓN AXUDAS PARA AGASALLOS DE NADAL
CONCELLO DE FERROL
No día de onte publicáronse no BOP de A Coruña as bases reguladoras para a concesión de bolsas de axuda para agasallos de Nadal co obxecto de fomentar a igualdade de nenos e nenas de 0 a 12 anos (ata os 18 en caso de padecer discapacidade psíquica) pertencentes a familias con escasos recursos económicos.
Os requisitos son estar empadroado ou residir no concello de Ferrol, convivir cos/as menores para os que se solicita a axuda, que os ingresos económicos da unidade familiar non superen os máximos establecidos nas bases e presentar a solicitude coa documentación requirida.
A contía máxima concedida por neno será de 50€ e farase efectiva a través dun vale canxeable nos establecementos adheridos á campaña.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ata o día 28 deste mes.
No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria:

No hay comentarios:
Publicar un comentario