martes, 11 de noviembre de 2014

ACTIVIDADE SAUDABLE


PROGRAMA TERMALISMO 2014 - COGAMI


Dende COGAMI infórmanos de que se abre o prazo para inscribirse na terceira quenda deste programa dirixido a persoas con discapacidade (mínima do 33% recoñecida oficialmente) residentes na provincia de A Coruña.

Esta actividade terá lugar no Balneario Termas de Cuntis (Pontevedra), a entrada será o venres 12 de decembro e a saída o domingo 14, cun custo de 40€/persoa/día. O transporte, ida e volta, será por conta de cada participante.

O prazo de recepción de solicitudes remata o vindeiro 30 de novembro e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición e pago.

Para máis información podedes chamar ao teléfono de COGAMI (981.574.698) ou mandar un mail a fed.cogamicoruna@cogami.es



No hay comentarios:

Publicar un comentario