FAI QUE O TEU MÓBIL SEXA SOLIDARIO!
COLABORA COA FUNDACIÓN "LLAMADA SOLIDARIA"!
O obxectivo principal desta fundación é racadar fondos, a través da recollida dos móbiles que xa non queremos, que non non serven, ou que están avariados, para a investigación das enfermidades raras e para levar a cabo labor asistencial cos nenos e nenas que as padecen, de xeito, colabora activamente coa Asociación de Enfermos de Patologías Mitocondriales (AEPMI) e coa Fundación Síndrome de West.
Dende esta fundación tamén preténdese dar unha maior visibilidade a estas patoloxías e aos seus afectados, patoloxías que, aínda que non sexan tan comunes, merecen como todas as demais, que se destinen fondos para a súa investigación na procura de medicamentos, terapias ou, porque non ter esperanza, unha cura.
A campaña céntrase nestes momentos en 28 nenos e nenas e nas súas familias, todos cunha dura historia de enfermidade, loita e superación tras deles.
A nosa entidade anímavos a participar con esta actividade solidaria. Pensade que cun xeito tan sinxelo como depositar o voso móbil nunha caixiña pódense conseguir moitas cousas boas, mellorando a calidade de vida de quen máis o merece, o neno que sofre.
En Ferrol tedes caixas da LLamada Solidaria nas oficinas do BBVA (praza de Armas).

No hay comentarios:
Publicar un comentario