ENCONTRO INTERXERACIONAL - 28 DE XUÑO DE 2.014
O Concello de Narón, a través do Servizo Sociocomunitario e a Concellería de Promoción Social, organiza unha xuntanza interxeracional o 28 de xuño na Feira do Trece, en Sedes.
Durante toda a xornada haberá xogos inchables infantís, exposicións e traballos de artesanía, así como demostración de diversas actividades (musicoterapia, cantareiras, baile, zumba...).
O encontro empezará ás 10h coa chegada dos participantes e rematará ás 19.30h. Quen queira, pode contratar o menú para o xantar que custa 15€ e componse de polbo, callos e carne asada, tarta xeada e bebidas (nese caso, comerán nunha carpa), ou ben, levar a súa propia comida (e comerán nunha nave).
Pola tarde, AS.PA.NE.MI organiza unha actividade cos cans adestrados de Pedro Salas que tanto gustou aos nosos socios e socias o ano pasado. Nela poderemos ver as grandes habilidades que teñen e desenrolan os nosos queridos amigos.
Se estades interesados en participar nesta xuntanza, poñédevos en contacto coa asociación no teléfono 981.946319 ou no mail aspanemi@gmail.com. Tedes tempo ata o venres día 13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario