ESCOLA DE VELA LIXEIRA EN CAMARIÑAS
Dende COGAMI infórmannos da escola de vela lixeira en embarcacións tipo raquero que están a organizar en colaboración co Concello de Camariñas.
Serían na primeira quincena de xullo e teñen unha duración de 4 horas (de 16 a 20h) e están dirixidas a un grupo de oito persoas con discapacidade, sen dificultades de mobilidade, pois as embarcacións non son accesibles/adaptadas. Cada grupo ten a obriga de contar cun ou dous responsables, dependendo das características do mesmo.
O prazo para inscribirse remata o 2 de xullo e tedes que indicar a preferencia de datas. A reserva hai que formalizala á maior brevidade posible na dirección de correo lecer@cogami.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario