ACTIVIDADES PROPOSTAS
Dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) infórmannos da actividade que están levando a cabo con profesionais da alimentación, a "Escola de Aprender a Comer", onde ensinan como aprender a comer para ter unha boa saúde e acadar unha mellor calidade de vida mantendo o colesterol a raia, controlando os niveis de glucosa, estabilizando a tensión arterial...
Tamén lémbrannos que continúan ata o mes de xullo cos obradoiros e talleres de: teatro, comunicación, autoestima e preparación para o graduado na ESO.
En setembro haberá, ademais, lectura fácil,orientación laboral, comunicación 2.0 e redes sociales, informática, concurso de fotografía e formación para a vida independente.
Se queredes información sobre estas actividades, podedes chamar ao teléfono 981.930544, poñervos en contacto vía mail no DIVERFFEC ou pasarvos polo local da asociación na R/ Colón esq. Mendizábal B/4, P/5, baixos 38-39 de Esteiro, en Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario