XII CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE
EN GALEGO, SEN FILTRO
Hai uns días entregáronse no Centro Cultural Carvalho Calero os premios do Certame Poesía e Imaxe: En Galego, Sen Filtro, que este ano acadou a súa edición número trece. O concurso foi convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Ferrol.
Os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir de fragmentos de poemas da literatura universal en lingua inglesa, portuguesa, xaponesa e persa entre outras, coas súas correspondentes traduccións.
Na asociación estamos moi contentos porque unha das nosas nenas, Sonia, conseguiu un premio, en concreto o pertencente á lingua inglesa, cun precioso debuxo baseado nun poema de Shel Silverstein. Sonia e a súa familia queren dar as grazas á Xunta (á Secretaría Xeral de Política Lingüística) e ao Concello de Ferrol e, como non, a todo o personal do colexio Terra de Ferrol, moi especialmente á profesora Lucía Fernández.
Dende a nosa entidade, queremos darlle a noraboa a Sonia e dicirlle que siga expresando tan ben como o fai agora o marabilloso mundo que ten no seu interior para que todos nós poidamos botarlle unha ollada.
PARABÉNS SONIA !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario