Este ano a 14ª edición de XUVENTUDE GALICIA NET, “party” de informática e novas tecnoloxías que organiza a Xunta de Galicia, será os días 10, 11 e 12 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.
Polo momento non teñen pechada a programación pero contará con charlas, relatorios e talleres o venres pola tarde e o sábado pola mañá e pola tarde.
Se es socio/usuario de ASPANEMI e queres inscribirte contacta con nós ANTES DO 16 DE ABRIL. Dende COGAMI (Confederación Galega de persoas con discapacidade) porían á disposición das asociacións 10 equipos informáticos, e só teriamos que levar as axudas técnicas, no caso de precisalas.
Podedes contactar con nós a traves do Blog, Facebook, o noso correo electrónico; aspanemi@gmail.com ou chamando o: 981 946 319
Será unha fin de semana cargada de acción (e formación) con actividades para todos os gustos e idades.
¿¿¿A QUE ESPERADES???
No hay comentarios:
Publicar un comentario