PROXECTO GAVEA (VELA ADAPTADA)
COGAMI conta cun veleiro, o Laion, preparado para subir a bordo e navegar con persoas que vaian en cadeira de rodas. Todos os veráns dende 2002, ano no que a Audiencia Nacional lle incauta ao narcotráfico o veleiro e llo cede en garda e custodia a entidade membro de COGAMI Adisbismur, navegan no Laion tanto usuarios de COGAMI como de entidades afíns, como a nosa.
Se es socio/usuario de AS.PA.NE.MI., e te interesa a actividade, ponte en contacto con nós, por vía telefónica 981 946 319, noso Facebook, blog, ou correo-e: aspanemi@gmail.com, ANTES DO 20 DE MAIO, data límite para as inscripcións.
Se es socio/usuario de AS.PA.NE.MI., e te interesa a actividade, ponte en contacto con nós, por vía telefónica 981 946 319, noso Facebook, blog, ou correo-e: aspanemi@gmail.com, ANTES DO 20 DE MAIO, data límite para as inscripcións.
ACTIVIDADE A REALIZAR A BORDO DO VELEIRO LAION:
- Venres 5 de xullo: Actividade en Ferrol (Horario: de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.)
- Sábado 6 de xullo: Actividade en Ferrol (Horario: de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.)
REGATA S.A.R. INFANTA ELENA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
- Venres 30 de agosto: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
- Sábado 31 de agosto: 1 saída pola mañá e 1saída pola tarde.
- Domingo 1 de setembro: 1 saída pola mañá.
A tripulación será a encargada do embarque e desembarque dos participantes. O número máximo de participantes será dun total de 8 persoas por grupo, cun máximo de 2 persoas usuarias de cadeira de rodas.
ESCOLAS DE VELA LIXEIRA
Para persoas discapacitadas con movilidade, levaránse a cabo nos seguintes lugares:
- Ribadeo
- Ares
- Camariñas
- Vigo
Teñen unha duración de 4 horas, en horario de mañá ou de tarde, e están dirixidas a un grupo de 8 persoas con discapacidade.
Para máis información podedes visitar a páxina web de COGAMI ou escribir a lecer@cogami.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario