DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Celebrouse onte día 23 abril de 2013 sendo o seu obxectivo o de fomentar a lectura, este día foi promulgado como Día Internacional dende o 1995 pola UNESCO. Elixiuse este día para que correspondese co falecemento dalgúns escritores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616, William Wordsworth en 1850 e Josep Pla en 1981.
En AS.PA.NE.MI.,queremos sumarnos a este día e vos recomendamos DISCALIBROS, un blog de libros nos que a diversidade funcional e a protagonista.
E recomendamosvos os seguintes libros para adultos:

- BAJO LA MISMA ESTRELLA:
- AUTOR: John Green
- TEMÁTICA: Ficción Moderna e Contemporánea.
- COLECCIÓN: Nube de Tinta.
- SINÓPSIS: Unha historia que explora como de exquisita, inesperada e tráxica pode ser a aventura de saberse vivo e amar a alguén cando se ten cancer.
- MEMORIAS DE UN AMIGO IMAGINARIO:
- AUTOR: Matthew Dicks
- TEMÁTICA: Ficción Moderna e Contemporánea.
- COLECCIÓN: Nube de Tinta.
- SINÓPSIS: Un intenso thriller psicolóxico sobre o amor, a morte, a lealtade e a amizade. Matthew Dicks, consegue introducirnos na pel dun neno con autismo sen nomealo en ningún momento.
- LOS DESPISTES DEL ABUELO PEDRO:
- AUTORA: Marta Zafrilla.
- TEMÁTICA: Ficción infantil.
- COLECCIÓN: Cuento de Luz
- SINÓPSIS: Con sentido do humor a autora Marta Zafrilla aborda a enfermidade de Alzheimer e logra que a tenrura, o amor e a complicidade entre avós e netos sexa palpable.
¡¡¡FELIZ DÍA DO LIBRO AMIGOS DE AS.PA.NE.MI!
No hay comentarios:
Publicar un comentario