martes, 20 de noviembre de 2012

Día internacional do neno

20 DE NOVEMBRO:
DÍA INTERNACIONAL DO NENO

20 de NovembroDía Internacional dos Dereitos do Neno, é unha das celebracións máis importantes para os máis pequenos, xa que neste día se conmemora o conxunto de dereitos da infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido onde queira que nacese. ¡E é máis! un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos. Todos debemos de ter un compromiso persoal cara á infancia, para que pouco a pouco poidamos asegurar aos pequenos un futuro mellor e unha vida digna para eles en calquera parte do mundo.

Dende AS.PA.NE.MI. esa é a nosa loita, crear para os nosos nenos un mundo que os integre, potencie e dignifique, e principalmente, que os deixe ser nenos.


«Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade,».

- Nós, os nenos: exame de final de decenio dos
resultados do Cumio Mundial en favor da Infancia
Informe do Secretario Xeral
http://www.un.org/es/comun/docs/?symbol=A/S-27/3



No hay comentarios:

Publicar un comentario