FOTOS CARGA QUINTO TRÁILER
Como todos e todas vós sabedes, no día de onte, familiares de Alba e voluntarios/as que fixeron esta actividade de forma totalmente altruísta, conseguiron encher con máis de 8 toneladas de tapóns o quinto tráiler con destino á planta xestora de residuos de Porriño, coa finalidade de continuar a recadar fondos para o tratamento de Alba, tratamento que está a acadar moi bos resultados e que mellora sen dúbida a súa calidade de vida.
A familia, e nós mesmos, queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta cadea humana e tamén ás que cada día gardan os tapóns para colaborar nesta campaña coa súa solidariedade.
Tamén queríamos facer un chamamento para que, os que queirades e teñades tempo, participedes na escollida e selección dos tapóns. Podedes pedir información sobre esta actividade no número de teléfono da asociación 981.946319.
E... Seguide xuntando tapóns!

No hay comentarios:
Publicar un comentario