viernes, 12 de noviembre de 2010

Día Internacional dos Nenos e Nenas

Dende a Área de Solidariedade do Concello de Ferrol e con motivo do Día Internacional dos Nenos e Nenas, temos o gusto de convidarvos a participar, xunto cos mais pequenos da casa, no programa de actividades vinculadas á divulgación dos Dereitos dos Nenos e Nenas, que terá lugar o vindeiro venres 19 de Novembro no Pavillón 5 de FIMO.

Os nenos e nenas da cidade poderán participar en:

17:00h.- Inauguración
17:00h- 18:00h. Espectáculo de Maxia a cargo do MAGO CALI
18:00h-19:00h.  Obradoiro “ Paredes que hai que derrubar” ( temática relacionada cos dereitos dos nenos e nenas) (DINAMO)
                        Obradoiro de Globoflexia (BRÉTEMA)                        
 Obradoiro de Chapas ( temática relacionada cos dereitos dos nenos e nenas) (BRÉTEMA)                        
 Obradoiro de Circo (BRÉTEMA)                        
19:00h- 20:00h.  Espectáculo Musical “LOS LUNNIS” de RTVE
ADEMÁIS HABERÁ INCHABLES E UN AGASALLO PARA OS NENOS E NENAS ASISTENTES
(Axuntamos o cartel da actividade)
Sen máis, animámosvos a participar de esta actividade, así como a darlle a máxima difusión
Un Saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario