lunes, 22 de noviembre de 2010

Carrozas de Nadal 2010-2011

Ola!
O Departamento de Festas do Concello de Ferrol abre o prazo de inscrición para os nenos e nenas que queiran participar nas carrozas de Nadal 2010-2011
Poderán inscribirse nenos e nenas de 6 a 13 anos.
O prazo permanecerá aberto dende o día 22 de novembro ata o 3 de decembro de 2010, ambos inclusive,  sendo seleccionados, nenos e nenas, por rigorosa orde de entrada.
As solicitudes poderán atopalas ou ben na páxina web do noso Concello ou poderán achegarse á Casa  Solidaria sita na rúa Velázquez, nº 44, 5ª Planta.
As Solicitudes serán entregadas no Departamento de Festas (rúa Velázquez, nº 44, 5ª Planta.)
O número de prazas será limitado habendo un total de 70, aquelas solicitudes a maiores quedarán en espera e no caso de que se aumente o número ou se produza algunha baixa tirarase da lista como se indica anteriormente por orde de entrada.
Sen máis, un Saúdo!
Concello de Ferrol. Comisión de Festas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario