lunes, 10 de junio de 2013

Xornadas AS.PA.NE.MI. 2013


XORNADA AS.PA.NE.MI.:

"INTERVENCIÓN EN DISCAPACIDADES MÚLTIPLES"

O vindeiro venres 14 de Xuño as 18:00 h, no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, celebrarase a Xornada que AS.PA.NE.MI. quere adicar a intervención multidisciplinar na problemática das polidiscapacidades.

Dende AS.PA.NE.MI.,queremos reivindicar que non hai dous nenos que sexan iguais e isto é aínda máis certo cando se trata de mozos e mozas con discapacidades múltiples. Os puntos fortes e as súas necesidades son únicamente seus. Varían moito nas súas habilidades, intereses, capacidade de usar a vista e outros sentidos, antecedentes familiares e personalidade, e polo tanto é de vital importancia que a intervención veña dada por un equipo multidisciplinar dende a etapa máis temprana da discapacidade.

Esta xornada e unha breve introdución a intervención con este tipo de problemática, e con ela prentedemos ensinar as familias, orientar os profesionais e concienciar a sociedade.

As xornadas serán inauguradas por Teresa Sabio, Concelleira de Promoción Social do Concello de Narón, e presentadas por Montserrat Fraga Pérez, Presidenta de AS.PA.NE.MI., como relatores convidados contamos coa asistencia de: Carlos Gonzalez Benito, Profesor del equipo específico de atención a cegos y deficientes visuales de la ONCE; Rocío Torres Santiago, Mediadora e responsable de ocio en APASCIDE GALICIA; e Carmen Ponce Durán, socia fundadora de APASCIDE e nai de un mozo con polidiscapacidade.

A ENTRADA E LIBRE E ABERTA A CALQUERA TIPO DE PÚBLICO

Deixámosvos a continuación o tríptico coa programación da Xornada














Se queredes saber máis da actividade podedes contactar con nos a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e:aspanemi@gmail.comBlog ou perfil de Facebook.


No hay comentarios:

Publicar un comentario