SEGUNDO ENVIO DE TAPÓNS A PLANTA DE RECICLAXE
O pasado xoves 30 de Maio fomos a axudar a cargar o Tráiler para a Campaña de Tapóns Solidarios Alba a Promesa.
Agradecer a todos os colaboradores da campaña: colexios, empresas, tendas, asociacións, familias e persoas en particular o reunir día a día toda esta montaña de tapóns. E destacar o labor dos que compoñen a Campaña de Alba a Promesa aquí en Ferrolterra.
Vista da nave de Amenadás minutos antes da carga no trailer
Grazas por suposto a todos os voluntarios que fixeron a carga dos tapóns posible, algúns por motivos laborais ou familiares non puideron aparecer na foto finish pero sin eles no sería posible.
A esquerda Lela avoa de Alba e membro da Campaña de Alba a Promesa, e xunto a ela algúns dos voluntarios que colaboraron na carga, parte deles de ASPANEMI.
SEGUIR XUNTADO TAPÓNS!!!!!!!
ISTO CONTINÚA!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario