viernes, 7 de junio de 2013

Axudas Educación Xunta e Campamentos ASEM


AXUDAS LIBROS DE TEXTO XUNTA E CAMPAMENTOS ASEM


Hoxe querémosvos informar de dúas cousas:

1. ASEM Galicia planificou un campamento dirixido a nenos con discapacidade (e os seus amigos/irmáns), na granxa escola de LugoGarabullos. Deixámovos un link onde podedes atopar toda a información por se algún de vós se quere apuntar. 





2. Sairon as AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO da XUNTA, deíxamosvos a continuación un enlace a páxina web para que vos informedes onde podedes atopar toda a documentación:





O prazo de presentación de instancias para a XUNTA será o seguinte:
  • a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
  • b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
  • c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
  • d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014.



No hay comentarios:

Publicar un comentario