jueves, 7 de febrero de 2013

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


NOVA VIAXE DE ESQUÍ ADAPTADO E FAMILIAR


Como xa sabedes, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León. O que se pretende con esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente, xunto as súas familias.

Recordámosvos o presuposto e data para a actividade de esquí adaptado en San Isidro.

(OBLIGATORIO CERTIFICACIÓN MÉDICA DE PODER ASISTIR A ACTIVIDADE)

DATAS: Saída o 22/03/2013 ás 16:00 h. detrás do antigo concello de NarónVolta o 24/03/2013 as 16:00 - 16:30 dende San Isidro.

PRESUPOSTO:
- Viaxe de Narón a San Isidro, en autobús adaptado, ida e volta 40€/per. ¡¡¡socios gratis!!!
- Estanza con almorzo, comida e cea (inclúe almorzo e comida do domingo) no albergue de FELECHOSA50€/per. ¡¡¡nenos de menos de 4 anos gratis!!!



EN RESUMO; VIAXE E ESTANZA CON COMIDA:
Socios: 50 €/per.
Non Socios: 90€/per.
A máis disto os NON SOCIOS QUE ESQUIEN terían que aboar 12 € para un seguro de accidentes, de carácter voluntario. No caso de non querer facelo deben firmar unha renuncia.

PREZOS EN SAN ISIDRO:

PISTAS
medio día - 20€/per.
Debutantes - 15€/per.
Adulto día enteiro - 27€/per.

ALUGUER DE EQUIPAMENTO* (esquís, táboa de snow, botas, etc.):12€/per.
* tamén equipamento adaptado

PARA OS QUE ESTEAN INTERESADOS EN CLASES:
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.



PRAZO LÍMITE PARA RESERVAR PRAZA 13 DE FEBREIRO  




O PAGAMENTO DO AUTOBÚS E A ESTANZA HAI QUE FACELO POR ADIANTADO, EN CASO DE RESERVAR E NON ASISTIR NON SE DEVOLVERÁ A PARTE CORRESPONDENTE AO 40% DO ALBERGUE (20 €).










APUNTARVOS PARA VIVIR A NEVE DUNHA FORMA ÚNICA

VAIVOS ENCANTAR!!!!





O Programa de Esquí Adaptado 2013
é unha actividade cofinanciada
polo Concello de Narón no marco do 
Convenio 2013 asinado coa nosa entidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario