AULA DE REHABILITACIÓN NEUROCOGNITIVA
(PROGRAMA DE APOIO FAMILIAR)
Informámosvos da nosa AULA DE REHABILITACIÓN
NEUROCOGNITIVA, unha das actividades máis importantes dentro do noso Programa
de APOIO FAMILIAR, e que se leva a cabo o longo de todo o ano en horario de
tarde de luns a venres:
Trátase dun proceso terapéutico cuxa
finalidade é mellorar, recuperar ou preservar as funcións
cognitivas en persoas que sofren alteracións cerebrais e patoloxías que afectan
as súas capacidades cognitivas (atención, memoria, pensamento, comunicación e
comprensión da linguaxe, aprendizaxe, concentración, cálculo, razoamento,
percepción, resolución de problemas, control conductual…).
Mediante dita rehabilitación cognitiva o que
conseguimos e incrementar a capacidade intelectual ao máximo das súas
posibilidades e mellorar a adaptación familiar, escolar e social.
Se queren saber máis sobre esta actividade poden contactar con nós a través:
Do propio Blog, do tlf.: 981 94 63 19, correo-e: aspanemi@gmail.com ou no noso facebook.
Do propio Blog, do tlf.: 981 94 63 19, correo-e: aspanemi@gmail.com ou no noso facebook.
Pinchando aquí podedes ver un vídeo explicativo do que é a Rehabilitación Neurocognitiva (coñecida tamén como "rehabilitación neuropsicolóxica").
No hay comentarios:
Publicar un comentario